O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao é unha curtametraxe documental de 2016, producida por Airoá Comunicación e Pinancho Audiovisuais (coa colaboración de Televinte) e dirixida por David Vázquez Vázquez.
O Entroido Ribeirao é unha celebración moi antiga da Ribeira Sacra en Chantada que resistiu no Moredo a ditadura franquista e o despoboamento das aldeas.
Características Fálase das formas de vida subalternizadas que se manteñen a pesar da represión política e relixiosa, da falta de relevo xeracional, da minusvaloración da ruralidade e das historias, os tempos, os costumes e as festividades. Tamén de persoas que son quen de poñer en valor a súa cultura e do Entroido Ribeirao.
Falan veciños e veciñas, con moitos anos, que foron os que mantiveron o Entroido nos tempos en que estivo prohibido.
Festivais nos que participou
Selección oficial Espiello 2016 Huesca (España) Selección oficial CIFA 2017 Perú Selección oficial Festival de Cine Independiente de Salto FECIS (Uruguai) Selección oficial 12 Mostra internacional de Cine Etnográfico Museo do Pobo Galego MICE (Santiago de Compostela) Selección oficial Social Machinery Fim Festival 2017 (Toscana, Italia) Selección oficial FICP 2017 (Patagonia) Selección oficial FECIP 2017 (Ecuador) Selección oficial IV Mostra Documentais Galegos Ateneo Ferrolán Selección oficial Etnovideográfica 2017 Museo Etnografíco de Castela e León Selección oficial NNF 2017 Near Nazareth Festival Selección oficial FESTIFAL 2017 Festival de Cortometrajes de Temática Rural (Teruel) Selección oficial FIBABC 207 (Madrid) Selección oficial FICII 2017 Inca Imperial International Film Festival Selección oficial Concurso Internacional de Documental sobre Patrimonio ""Círculo del Arte"" 2017 (Toledo) Selección oficial 12 Months Film Festival Semifinalist Los Ángeles Cine Fest 2017
Premios
VIA XIV Festival Internacional Verín 2016 “Ciudad del Este Independent Film Festival” Paraguai 2017 Social/Family/Kids Film Festival L.A. (EEUU) 2018
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
David Vázquez fala na TVG de "O Moredo..."
Categoría:Documentais galegos Categoría:Etnografía galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Chantada Categoría:Entroido de Galicia