Alberto Canal, nado en Casal de Maus-A Merca o 15 de novembro 1967, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Foi seminarista e estudou na Universidade Complutense de Madrid. Comezou traballando de xornalista na prensa escrita e despois pasou á comunicación empresarial en Caldaria.

Obra

Conexión Tubinga (2008). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9782-903-8. ePub: ISBN 978-84-9121-224-9. Novela unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus. O amor nos escuros días de Birkenau (2016). Vigo: Xerais. 304 páxs. ISBN 978-84-9121-050-4. ePub: ISBN 978-84-9121-062-7. Novela sobre a maldade gratuíta do réxime nazi. O trapecista da malla de rombos (2018). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9121-302-4. ePub: ISBN 978-84-9121-308-6. Novela a experiencia do circo ourensán de Bemposta, La Ciudad de los Muchachos. Carolina (2022). Vigo: Xerais. 344 páxs. ISBN 978-84-1110-136-3. ePub: ISBN 978-84-1110-131-8. É unha historia de paixóns, vinganza e libros.

Premios e mencións

2008: finalista do Premio Xerais por Conexión Tubinga. 2009: finalista do Premio San Clemente por Conexión Tubinga. 2016: finalista do Premio Xerais por O amor nos escuros días de Birkenau.

Notas

Categoría:Nados na Merca Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid