A Alianza Nazonal Galega (ANG) foi un organismo unitario do exilio galego creado en México en 1943. Historia e características miniatura|Galicia bajo el terror, folleto editado por Alianza Nazonal Galega. México, 1943. Creouse o 6 de decembro de 1943 en Cidade de México. Estaba integrada por representantes da UXT e CNT, republicanos, galeguistas e socialistas. Fundada por Ramón Troncoso Fernández, xunto con Marcial Fernández Vázquez, Uxío Souto e outros exiliados. Ramón Troncoso foi o secretario de solidariedade e finanzas e director do periódico Galicia que editaba a institución. Celso Vila Rodríguez foi o secretario de mocidades.
A Alianza defendía a restauración republicana e o estatuto de autonomía. Porén, a división entre as distintas faccións era patente e foi agravada coa constitución do Consello de Galiza en 1944. Tanto a ANG como a CRG de México rexeitaban a constitución do Consello e do pacto de Galeuzca, ao mesmo tempo que non recoñecían a representatividade de Castelao, Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde e Ramón Suárez Picallo. Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Exilio galego de 1936 Ligazóns externas A Alianza Nazonal Galega no Fondo Luis Soto Fernández Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia.
Categoría:Exilio galego Categoría:Organizacións políticas de Galicia Categoría:Diáspora mexicana