O Tampereen Kannen areena, coñecido por motivos de patrocinio como Nokia Arena ou Nokia-areena, e anteriormente como UROS Live Arena, é un estadio multipropósito da cidade de Tampere (Finlandia). O seu uso é principalmente para acoller partidos de hóckey sobre xeo e grandes eventos culturais. Dende a súa inauguración o estadio acolle os partidos como locais dos dous principais equipos de hóckey sobre xeo da cidade, Ilves e Tappara. Ten capacidade para 13 455 persoas para os partidos de hóckey sobre xeo, e 15 000 persoas para concertos.

En 2022 foi a sede principal do Campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2022, e é candidata para acoller o evento de novo xunto coa cidade de Riga (Letonia) en 2023.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Estadios da SM-liiga Categoría:Recintos deportivos de Tampere Categoría:Ilves (hóckey sobre xeo) Categoría:Tappara