Dólar de prata Jackie Robinson360x360pxA/: Jachie Robinson nun lance dun partido. Data e marca de ceca (S). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Logotipo do aniversario. Marca de gravador (TJF). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / ROOKIE OF THE YEAR · HALL OF FAME 1962 / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Alfred Maletsky (anv.) e T. James Ferrell (rev.). Datas de emisión: 1997 Ceca: US Mint: Ceca de San Francisco. Tiraxe: 140.182 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata Jackie Robinson é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1997 e cuñada pola Ceca de San Francisco.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 104-329, do 20 de outubro de 1996,"Public Law 104-329 - OCT. 20, 1996". Uscode.house.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda na honra de Jackie Robinson en conmemoración do 50 aniversario da súa primeira aparición nun partido de béisbol das grandes ligas como xogador de raza negra."Jackie Robinson Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint.

Esta moeda está integrada nun programa de emisións para 1997 que conta tamén cunha moeda de 5 dólares de ouro conmemorativa da mesma efeméride."The Jackie Robinson Commemorative Coin Set". United States Mint.

Deseño No anverso da moeda, obra de Alfred Maletsky, reprodúcese unha escena de Robinson roubando o home plate, do mesmo xeito que o fixo durante unha serie do Mundial de 1955 entre os New York Yankees e os Brooklyn Dodgers. Completan o anverso os habituais lemas da moeda estadounidense LIBERTY ("Liberdade") e IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos")."1 Dollar Jackie Robinson". Numista.com

Pola súa banda, o reverso, creado por T. James Farrell, está caracterizado polo logotipo que a Fundación Jackie Robinson creou para a efeméride conmemorada, rodeado pola lenda alusiva ROOKIE OF THE YEAR · HALL OF FAME 1962 ("Novato do ano; Salón da Fama 1962"). Completan o reverso o nome do país, UNITED STATES OF AMERICA, o valor facial, ONE DOLLAR, e o lema E PLURUBUS UNUM.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de San Francisco, tanto na súa versión estándar como na versión con acabamento especial de fondo espello (proof), e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 16 de agosto de 1997 ata o 16 de agosto de 1998.

A súa produción foi de 30.180 moedas na súa condición estándar e 110.002 en versión proof, o que fai un total de 140.182 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1997 Jackie Robinson". United States Mint.

A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof, e unha parte do beneficio conseguido coa súa venda destinouse á Fundación Jackie Robinson, para apoiar os seus programas e as súas bolsas educativas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Instituto Smithsoniano Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1997 Jackie Robinson Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América