A promoción de ascenso á Segunda división española 2022 disputouse en xuño de 2022, tralo remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF. Foi a primeira promoción de ascenso que se disputou dende a Primeira División RFEF, que celebrou durante esa tempada a súa primeira edición.

Equipos clasificados Os equipos clasificados para disputar a promoción de ascenso a Segunda División foron os seguintes: Pos Grupo 1 Grupo 2 2° Deportivo da Coruña Vilarreal B3° Racing de Ferrol Albacete4° Rayo Majadahonda Gimnàstic de Tarragona 5° UD Logrones Linares Deportivo En negra, equipos que ascenderon a Segunda División.

Sistema de competición O sistema de competición foi avanzado ao comezo da tempada pola RFEF.

Ao remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF, ascenderon de xeito directo á Segunda División os dous equipos que remataron na primeira posición en cada un dos dous grupos. Puxéronse en xogo ademais outras dúas prazas de ascenso, nunha promoción a disputar entre os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar en cada un dos dous grupos da Primeira RFEF.

Desenvolveuse en Galicia, en formato de concentración, e consistiu en dúas eliminatorias a partido único nas que os encontros foron determinados polo posto da clasificación, enfrontando aos que obtiveron unha mellor clasificación contra os que obtiveron unha peor. En caso de empate xogaríase unha prórroga e en caso de persistir o empate, pasaría o mellor clasificado na fase regular.

Os dous clubs gañadores da segunda eliminatoria ascenderon á Segunda División.

Sedes confirmadas Os estadios designados para a disputa dos partidos foron o estadio de Riazor da Coruña, Balaídos de Vigo e A Malata de Ferrol. A asignación de estadio para cada partido veu determinada polas necesidades de entradas de cada un dos clubs participantes.

A CoruñaFerrolEstadio de RiazorEstadio da MalataCapacidade: 32,490Capacidade: 9,426VigoEstadio de BalaídosCapacidade: 17,600

Cadros

Eliminatorias

Semifinais Disputáronse catro eliminatorias a partido único entre o 4 e o 5 de xuño. Os catro gañadores clasificáronse para a fase final.

Deportivo da Coruña - Linares Deportivo

Albacete - Rayo Majadahonda

Villarreal B - UD Logroñés

Racing de Ferrol - Gimnàstic

Finais Participaron os catro equipos gañadores da primeira eliminatoria, en enfrontamentos a único partido os días 11 e 12 de xuño. Os dous equipos gañadores ascenderon á Segunda División.

Final 1

PO 1 Mackay DF 2 Antoñito    DF 3 Lapeña DF 19 Jaime DF 23 Héctor Hernández    CC 22 Villares CC 4 Bergantiños (c.) CC 6 Juergen DI 9 Quiles DI 7 Miku DI 8 Soriano Substitucións:CC 17 Rafa de Vicente CC 11 William DI 21 Rey DF 12 Borja Granero DF 18 Aguirre DI 27 Noel Adestrador: Borja Jiménez PO 1 Bernabé (c.) DF 35 Emmanuel    DF 2 Djetei DF 6 Boyomo DF 17 Julio Alonso   CC 8 Fran Álvarez CC 18 Riki CC 10 Manu Fuster DI 14 Kike Márquez    DI 23 Rubén Martínez    DI 11 Jordi SánchezSubstitucións:CC 12 Alberto CC 21 Llinares CC 22 Sergi CC 5 Èric Montes Adestrador: Rubén de la Barrera

Árbitro principal: Andrés Fuentes Molina Árbitros asistentes: Pedro Javier López Pascual Jesús Mira García Cuarto árbitro: Manuel García Gómez

Final 2

PO 13 Iker Álvarez DF 2 Migue Leal    DF 4 Dela (c.) DF 19 Íñiguez DF 4 Dani Tasende CC 11 Jun-hyuk Ahn CC 8 Alberto del Moral CC 10 Carlo Adriano    CC 21 Sergio Lozano DI 18 Nicolas Jackson    DI 9 Juan Carlos Arana Substitucións:CC 20 Antonio Pacheco DF 12 Martín Pascual DI 15 Nikita Iosifov Adestrador: Miguel Álvarez PO 13 Manu García DF 4 Pol Domingo DF 14 Quintanilla    DF 15 Aythami    DF 21 Joan Oriol (c.)    CC 20 Robert Simón CC 6 Javier Ribelles    CC 8 Pedro del Campo    CC 18 Nil Jiménez DI 19 Pablo Fernández DI 11 Dani Romera    Substitucións:CC 7 Fran Carbià CC 22 Jannick Buyla DI 16 Édgar Hernández DF 2 Carlos Albarrán CC 3 Javi Bonilla Adestrador: Raúl Agné

Árbitro principal: Germán Cid Camacho Árbitros asistentes: Marcos Barroso Galan Mario Martín-Consuegra Díaz Cuarto árbitro: Aimar Velasco Arbaiza

Notas

Categoría:Promocións de ascenso a Segunda División de España Categoría:Fútbol en 2022 Categoría:Fútbol en Galicia