After We Fell é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Castille Landon. O guión foi escrito por Sharon Soboil, e baséase na novela homónima de 2014 escrita por Anna Todd. Está protagonizado por Josephine Langford e Hero Fiennes-Tiffin, intepretando a Tessa Young e Hardin Scott, respectivamente, e conta como Tessa se prepara para marchar para o seu traballo en Seattle, a chegada do pai de Tessa e as revelacións sobre a familia de Hardin, que ameazan a relación da parella. Louise Lombard, Rob Estes, Arielle Kebbel, Chance Perdomo, Frances Turner, Kiana Madeira, Carter Jenkins e Mira Sorvino interpretan os papeis secundarios. É o terceiro filme da serie cinematográfica After, despois de After (2019) e After We Collided (2020).

A rodaxe principal produciuse en Sofía, Bulgaria a finais de 2020 e foi rodado ao mesmo tempo que After: Amor infinito. Debido a conflitos de programación e restricións de viaxe durante a pandemia de COVID-19, varios personaxes foron reformulados. O filme estreouse en cinemas en varios países europeos o 1 de setembro de 2021 e nos Estados Unidos o 30 de setembro por Vertical Entertainment e Fathom Events. Como os seus predecesores, recibiu críticas negativas, con críticas polo seu guión e interpretación. A súa secuela, After: Amor infinito, estreouse en 2022.

Estreouse subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video.

Personaxes

Josephine Langford como Tessa Young Samantha Clare Fries como Tessa de nena Hero Fiennes-Tiffin como Hardin Scott Carter Jenkins como Robert Louise Lombard como Trish Daniels Arielle Kebbel como Kimberley Stephen Moyer como Christian Vance Mira Sorvino como Carol Young Chance Perdomo como Landon Gibson Frances Turner como Karen Scott Rob Estes como Ken Scott Kiana Madeira como Nora Atanas Srebrev como Richard Young Angela Sari como Lillian

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Castille Landon Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre parellas Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego