Luigi Manfredini, nado en Boloña o 6 de decembro de 1771 e finado en Milán o 12 de xuño de 1840, foi un escultor, gravador, medallista, empresario e docente italiano.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Luigi Manfredini naceu o 6 de decembro de 1771 en Boloña, fillo de Anna Ruggi e de Giuseppe Manfredini.Imbellone, A. (2007).

Entre 1794 e 1796 foi alumno do escultor G. de Maria na Accademia Clementina, de Boloña, e o ano seguinte realizou a súa primeira obra escultórica, en colaboración con G. Putti, consistente nunhas estatuas erixidas en Rávena pola celebración do primeiro aniversario da República Cisalpina.

Gravador de moedas e medallas miniatura|1 lira italiana napoleónica (1812) O 21 de novembro de 1798 comezou a súa actividade como gravador de moedas e medallas na Casa da Moeda de Milán e en outubro de 1801 pasou a residir no propio complexo da casa da moeda, ao se confirmar o seu posto durante o restablecemento da República Cisalpina. O 4 de xuño de 1808 foi ascendido a gravador xefe e neste establecemento mantivo a súa actividade como artista gravador ata a súa morte.Forrer, L. (1907). Vol. III. "Manfredini, Luigi". Páxinas 552-555. miniatura|10 soldos a nome de María Luísa de Parma (1815). Entre as creacións máis significativas de Manfredini como gravador monetario figuran a serie de moedas da lira italiana napoleónica (1806-1815) e a serie de moedas do Ducado de Parma a nome de María Luísa de Parma (1815-1832).

En 1807 foi nomeado profesor de Arte da Medalla na Accademia di Brera, en Milán. miniatura|Medalla da coroación de Napoleón como rei de Italia. A súa obra foi a única da produción medallística do seu tempo en Italia que puido competir coa supremacía dos artistas franceses, e destacan as súas creacións durante o Reino de Italia (1805-1814), entre elas a medalla da coroación de Napoleón como rei de Italia (1805) e a do matrimonio entre Napoleón e María Luísa (1810).

Na época posterior de dominación austríaca continuou as súas producións na Casa da Moeda, con medallas como a dedicada ao regreso de Francisco IV a Módena en 1814 ou á entrada de Francisco I en Milán en 1815. Logo da realización da medalla da coroación de Fernando I o 9 de outubro de 1838, o propio emperador rei de Lombardía-Venecia concedeulle a Manfredini a Medalla de Ouro ao Mérito Civil con cinta.

Escultor en metal miniatura|Busto en bronce do vicerrei Eugène de Beauharnais (1811). A súa actividade como fundidor comezou en 1806, cando o vicerrei Eugène de Beauharnais ordenou o traslado a Milán dunha fundición establecida en París tres anos antes polo irmán de Luigi, Francesco Manfredini, un recoñecido xoieiro e escultor. A partir de entón, a fundición dos Manfredini, á que se incorporaron outros dous irmáns, Giovanni e Antonio, especializouse na creación de bustos e ornamentos de bronce, como candelabros e outros obxectos.Gallizia di Vergano, B. (2010) . Páxinas 219-233.

Entre as súas obras deste xénero pódese salientar o busto do vicerrei Eugène de Beauharnais realizado en 1811.

En 1821 os irmáns abriron un comercio na Praza de San Paolo, en Milán, coñecida como Magazzino Manfredini ("Almacéns Manfredini"), dedicada á venda retallista de xoias e outros ornamentos e obxectos de fundición para o fogar.

A súa actividade cono fundidor de pezas monumentais comezou en 1827, coa encarga dunhas estatuas de bronce para o Arco da Paz, en Milán, unha obra para a que creou un novo sistema de unión das pezas, fundidas previamente por separado.

Vida persoal e morte Luigi Manfredino estivo casado con Teresa Bernabei, con quen tivo seis fillos.Gallizia di Vergano, B. (2010) . Páxina 231. Nota 11.

Faleceu en Milán o 22 de xuño de 1840, cando traballaba na fundición dunha estatua ecuestre do rei de Sardeña Carlos Alberte. O seu corpo foi soterrado no cemiterio de Porta Comasina da mesma cidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Forrer, L. (1907): Biographical dictionary of medallists. Vol. 3. Londres. Gallizia di Vergano, B. (2010). "Candelabri per l’uso della Corte: da Parigi a Milano, i primi anni di attività dello stabilimento dell’Eugenia ". En Rassegna di Studi e di Notizie. Vol. 33. Ano 37. Comune di Milano. Imbellone, A.(2007). "Manfredino, Luigi". En Dizionario biografico degli italiani. Vol. 68. Istituto dell'Enciclopedia Italiana.

Categoría:Nados en Boloña Categoría:Nados en 1771 Categoría:Finados en 1840 Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escultores do século XVIII Categoría:Escultores do século XIX