Vega é a estrela máis brillante da constelación de Lyra, no hemisferio setentrional. Ten a designación de Bayer α Lyrae, latinizada como Alpha Lyrae e abreviada Alpha Lyr ou α Lyr. Esta estrela está relativamente próxima (só 25 anos luz) do Sol, e xunto con Arcturus e Sirius, é unha das estrelas máis luminosas na veciñanza do Sol. É a quinta estrela máis brillante do ceo nocturno e a segunda máis brillante do hemisferio norte despois de Arcturus.

Vega foi amplamente estudada polos astrónomos, levando a ser denominada "probablemente a segunda estrela máis importante do ceo despois do Sol". Vega foi a Estrela Polar arredor do 12 000 a.C. e volverá selo arredor do ano 13 727, cando a súa declinación sexa +86° 14′. Vega foi a primeira estrela tralo Sol da que se fotografou o seu espectro. Foi unha das primeiras estrelas da que se estimou a distancia mediante medidas da paralaxe. Vega serviu como base para calibrar a escala de brillo fotométrico e foi unha das estrelas empregadas para definir o punto cero do sistema fotométrico UBV.

Vega ten só arredor dunha décima parte da idade do Sol, mais é 2,1 veces máis masiva e a súa vida esperada é tamén unha décima parte da do sol; ambas as estrelas están aproximándose á metade da súa esperanza de vida. Vega ten unha presenza infrecuentemente baixa de elementos de número atómico maior ca o helio. Vega é unha estrela variable, cun brillo que varía lixeiramente. Rota rapidamente a unha velocidade de 236 km/s no ecuador. Isto fai que o ecuador se abombe debido aos efectos centrífugos e como consecuencia existe variación de temperatura na fotosfera da estrela que acada o máximo nos polos. Dende a Terra, Vega obsérvase desde a dirección dun destes polos.

Segundo o exceso de emisión de radiación infravermella observada, Vega parece ter un disco circunestelar de po. Este po é probablemente o resultado de colisións entre obxectos nun disco de detritos orbital, análogo ao cinto de Kuiper do Sistema Solar. As estrelas que presentan un exceso de radiación infravermella debido á emisión de po denomínanse estrelas tipo Vega.

Nomenclatura α Lyrae (latinizado como Alpha Lyrae) é a designación de Bayer da estrela. O nome tradicional Vega (anteriormente Wega) procede dunha tradución aproximada da palabra árabe wāqi (), que significa "caendo" ou "aterrando", a partir da frase an-nasr al-wāqi (), "a aguia que cae". En 2016, a Unión Astronómica Internacional (IAU) organizou un grupo de de traballo sobre o nome das estrelas (WGSN) para catalogar e estandarizar os nomes apropiados das estrelas. O primeiro boletín do WGSN de xullo de 2016 incluíu unha táboa cos primeiros dous grupos de nomes aprobados que incluía Vega para esta estrela.

Observación esquerda|miniatura|upright=1.2|O triángulo de verán Vega pode ser vista preto do zénit nas latitudes medias-setentrionais durante o serán no verán boreal. En latitudes medias-meridionais pode verse por riba do horizonte norte durante o inverno austral. Cunha declinación de +38.78°, Vega só pode verse en latitudes ao norte dos 51° S. Polo tanto non é visible en absoluto na Antártida nin na parte máis meridional de Suramérica, incluída Punta Arenas, Chile. En latitudes por riba dos 51° N, Vega permanecer continuamente sobre o horizonte como unha estrela circumpolar. Arredor do 1 de xullo, Vega acada a culminación de medianoite, cando cruza o meridiano. miniatura|Percorrido do polo norte celeste entre estrelas debido á precesión. Vega é a estrela máis brillante na zona inferior A estrela é un vértice dun grande asterismo chamado triángulo de verán, formado por Vega e dúas estrelas de primeira magnitude, Altair, en Aquila, e Deneb en Cygnus. Esta formación ten a forma aproximada dun triángulo rectángulo, con Vega situada no ángulo recto. O triángulo de verán é recoñecible nos ceos boreais porque hai poucas estrelas brillantes na súa veciñanza.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Estrelas na secuencia principal tipo-A