miniatura|333x333px| Folla miniatura| Froitas e flores maduras miniatura| Cápsulas inmaturas. miniatura| Froitos e sementes maduras. Koelreuteria paniculata é unha especie de planta arbórea da familia Sapindaceae, orixinaria de Asia Oriental, en particular de China e Corea. goldenrain tree.Encyclopædia Britannica Online. Encyclopædia Britannica. Retrieved 2008-07-12.
Descrición É unha árbore caducifolia de tamaño pequeno ou mediano que alcanza os 7 m de altura, cunha copa ancha en forma de cúpula. As follas son pinnadas, de 15-40 cm de lonxitude, raramente de ata 50 cm, con 7-15 folíolos de 3-8 cm de longo, cunha marxe bilobulada.
As flores son amarelas, con catro pétalos organizados asimetricamente cunha mancha vermella-laranxa na base, que medran nunha gran panícula terminal de 20-40 cm de lonxitude. O froito é unha cápsula de 3-6 cm de longo e 2-4 cm, verde e que se volve rosa-laranxa ao madurar no outono; contén varias sementes de cor marrón escura a negra de 5-8 mm de diámetro.
Cultivo Cultívase popularmente como árbore ornamental en rexións temperadas do mundo polo aspecto estético das súas flores, follas e vaíñas de sementes. Seleccionáronse varios cultivares para plantar no xardín, incluíndo "Fastigiata" cunha coroa estreita e "Gold September", que florece a finais do verán.
Esta planta gañou o premio ao mérito do xardín da Royal Horticultural Society.
As sementes son comestíbeis cando se asan, pero non se comen habitualmente.
Nalgunhas áreas, sobre todo o leste dos Estados Unidos e particularmente Florida, considérase unha especie invasora.
Taxonomía Koelreuteria paniculata foi descrita por Erich Laxmann e publicada en Novi Commentarii Academiae Scientiarum Imperalis Petropolitanae 16: 563–564, f. 1. 1772.
Etimoloxía
Koelreuteria - Foi o nome xenérico dado en homenaxe a Joseph Gottlieb Kölreuter (1733–1806 ), un botánico, médico, profesor de Historia Natural e director do Xardín Botánico de Karslruhe.En Nombres botánicos A letra -o- con umlaut (os dous puntos similares á diérese) transcríbese -oe- (Koelreuter = Kölreuter). En portugués o nome pasou a Coreutéria.
paniculata : epíteto latino que significa "con panículas".En Epítetos Botánicos
Variedades
Todas as variedades e outros taxons infraespecíficos descritos son sinónimos da especie.
Sinonimia
Koelreuteria apiculata Rehder & E. H. Wilson Koelreuteria bipinnata var. apiculata (Rehder & EH Wilson) FC How & CN Ho Koelreuteria chinensis (Murray) Hoffmanns. Koelreuteria paniculata var. apiculata (Rehder & EH Wilson) Rehder Koelreuteria paniculata var. lixianensis H. L. Tsiang Paullinia aurea Radlk. Sapindus chinensis Murray Sapindus paniculata (Laxm. ) Dum. Cours.Koelreuteria paniculata en PlantList
Nomes comúns
En portugués o nome científico derivou en Coreutéria En castelán ten diversos nomes, como jabonero de la China, árbol de los farolillos ou árbol del barniz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Plantas para un futuro: Koelreuteria paniculata Imaxes de Koelreuteria paniculata en bioimages.vanderbilt.edu
Categoría:Sapindaceae Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de España Categoría:Flora de Portugal