John Sigismund Tanner nado en 1705 en Saxonia-Coburgo e finado o 14 de marzo de 1775 en Londres, foi un medallista e gravador de moeda británico que ocupou o posto de gravador xefe da Royal Mint durante os reinados de Xurxo II e Xurxo III.

Traxectoria Chamado orixinariamente Johann Sigismund, Tanner era orixinario do Ducado de Saxonia-Coburgo, onde na súa xuventude practicou a talladura e o gravado de obxectos como caixas de rapé, seguros de armas de fogo etc.Wroth, W. W. "Tanner, John Sigismund (d. 1775)". En Stephen, L.; Lee S. (1898). Páxinas 358-359.Forrer, L. (1916). Páxina 14. miniatura|Reverso da medalla de prata dedicada a Xurxo II e a súa familia (1732), obra de Tanner Chegou a Inglaterra en 1728 e alí gravou as súas primeiras medallas, entre as que destacan a dedicada a Xurxo II e a familia real (1732) e a da Lotaría de Jenergan (1736).

Ao pouco tempo da súa chegada a Londres e por mediación do político John Conduit —daquela Master of the Mint—, acadou axiña un emprego como gravador na Casa da Moeda de Londres (Royal Mint), onde se encargou do deseño e o gravado de varias series de moedas, como axudante de John Croker.Forrer, L. (1916). Páxinas 14-15. Logo da morte deste en 1741, foi nomeado o seu sucesor no posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, que ocupou o resto da súa vida. miniatura|Proba do anverso dunha moeda de dúas guineas a nome de Xurxo III (1773). Entre as moedas obra de Tanner destacan as cuñaxes de ouro de 1739, as de cobre de 1740 e algunhas das de prata de 1743, a nome de Xurxo II. No entanto, a nome de Xurxo III limitouse a gravar algunhas probas, aínda que os cuños das moedas circulantes foron xa obra do seu axudante, Ricard Yeo, dado que os problemas de visión de Tanner o imposibilitaron para se ocupar persoalmente destes mesteres.Forrer, L. (1916). Páxinas 15-16.

Tanner morreu na súa residencia de David Street, en Londres, o 14 de marzo de 1775.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Royal Mint

Bibliografía

Forrer, L. (1916). "Tanner, John Sigismund". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 14-17. Stephen, L.; Lee S. (1898). Dictionary of National Biography. Vol. LV. Oxford University Press.

Categoría:Nados en 1705 Categoría:Nados en Alemaña Categoría:Finados en 1775 Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Artistas do Reino Unido Categoría:Británicos de ascendencia alemá Categoría:Personalidades sen imaxes