Edith Mary Oldham Ellis, de solteira Lees, nada en Newton (Lancashire) o 9 de marzo de 1861 e finada en Paddington (Londres) o 14 de setembro de 1916, foi unha escritora británica e activista polos dereitos da muller.

Traxectoria miniatura|Edith Lees e Havelock Ellis Foi a única filla de Samuel Oldham Lees, un terratenente, e Mary Laetitia, de solteira Bancroft. A súa nai sufriu unha lesión na cabeza durante o embarazo e morreu cando Ellis era aínda bebé. En decembro de 1868 Samuel casou con Margaret Ann "Minnie" Faulkner e tiveron outro fillo. Foi educada nunha escola de monxas en 1873. O seu pai cambiouna de colexio cando se decatou de que Edith cada vez tiña máis interese pola fe católica.

Uniuse á Fellowship of the New Life (a Comunidade da Nova Vida) e coñeceu a Havelock Ellis en 1887 nunha reunión. A parella casou en novembro de 1891.

Desde o principio o seu matrimonio foi pouco convencional, pois Edith era abertamente lesbiana, e ao remate da lúa de mel, el regresou á súa vivenda de solteiro. Edith tivo varias aventuras amorosas con mulleres, das cales o seu marido estaba ao tanto. A súa relación aberta foi o tema central da autobiografía de Havelock Ellis, My Life (1939). miniatura|Lily en 1902 A súa primeira novela, Seaweed: A Cornish Idyll, publicouse en 1898. Durante este período, Edith comezou unha relación con Lily Kirkpatrick, unha artista irlandesa que vivía en St Ives (Cornualla). Edith ficou devastada trala morte de Lily pola doenza de Bright en xuño de 1903.

Sufriu un forte ataque de nervios en marzo de 1916 e morreu de diabetes o 14 de setembro dese ano en Paddington. James Hinton: a Sketch, a súa biografía do cirurxián James Hinton, foi publicada de xeito póstumo en 1918.

Obra

My Cornish Neighbours (1906) Kit's WomanPublicada nos EUA como Steve's Woman. (1907) The Subjection of Kezia (1908) Attainment (1909) Three Modern Seers (1910) The Imperishable Wing (1911) The Lover's Calendar: An Anthology (ed.) (1912) Love-Acre (1914) Love in Danger (1915) The Mothers (1915) James Hilton: A Sketch (1918) The New Horizon in Love and Life (1921)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1861 Categoría:Nados en Lancashire Categoría:Finados en 1916 Categoría:Feministas do Reino Unido Categoría:Finados por diabetes