O Comité do Patrimonio da Humanidade é o organismo encargado de escoller os sitios para ser listados como Patrimonio da Humanidade da UNESCO, incluídas a Lista do Patrimonio Mundial e a Lista do Patrimonio Mundial en Perigo. O comité define o uso do Fondo do Patrimonio Mundial e asigna asistencia financeira a petición dos estados membros. Está formado por representantes de 21 estados membrosDe acordo coa páxina UNESCO World Heritage, States Parties son países que asinaron e ratificaron The World Heritage Convention. En marzo de 2013, había un total de 170 estados membros. que son elixidos pola Asemblea Xeral dos Estados Membros para un mandato de catro anos. Estes membros votan nas decisións e propostas relacionadas coa Convención do Patrimonio da Humanidade e a Lista do Patrimonio Mundial.

Segundo a Convención do Patrimonio Mundial, o mandato dun membro dun comité é de seis anos. Porén, moitos estados membros optan por limitar voluntariamente o seu mandato a catro anos, co fin de darlle a outros estados a oportunidade de servir. Todos os membros elixidos na XV Asemblea Xeral (2005) optaron voluntariamente por reducir o seu mandato de seis a catro anos.

As deliberacións do Comité do Patrimonio Mundial contan coa axuda de tres órganos consultivos, a UICN, o ICOMOS e o ICCROM.Office of the External Auditor for the United Nations Scientific, Educational and Cultural Organization (2011) Independent Evaluation by the UNESCO External Auditor, Volume 1: Implementation of the Global Strategy for the Credible, Balanced and Representative World Heritage List. UNESCO Headquarters, París.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas UNESCO World Heritage portal – páxina oficial , The World Heritage List – lista oficial de todas as propiedades inscritas

Categoría:UNESCO