miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Cabo Verde, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Cabo Verde, un arquipélago na costa atlántica do continente africano cuxo legado cultural abrangue unha rica influencia da cultura portuguesa, ratificou a convención o 28 de abril de 1988, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Cabo Verde conta dende o ano 2009 cun lugar declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a Cidade Velha, Centro histórico de Ribeira Grande.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Cabo Verde Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Cidade Velha, Centro histórico de Ribeira Grande200px|Cidade Velha 2009 1310; ii, iii, vi (cultural)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país