Oniscus asellus, coñecido polo nome de porquiño de santo Antón común, é a especie de isópodo máis común e de maiores dimensións con distribución natural no oeste e centro de Europa. Os espécimes adultos crecen até os 16 mm de longo e os 6 mm de largo.

Distribución Oniscus asellus é a especie de porquiño de santo Antón con maior distribución natural no continente europeo, tanto desde o punto de vista xeográfico como ecolóxico. Non se estende pola conca do Mediterráneo, mais é abundante no norte e oeste de Europa, estendéndose até o nordeste até Ucraína. Está presente nos arquipélagos macaronésicos dos Açores e Madeira e foi introducido amplamente na rexión das América do Norte e do Sur.

Ecoloxía A especie Oniscus asellus dáse nunha vasta gama de hábitats, incluíndo algúns extremamente pobres en calcio. Aparece con maior frecuencia sobre pedras e madeira en descomposición. É o único porquiño de santo Antón que aparece normalmente en turbeiras e uceiras, onde se instala en torno a madeira en descomposición, como postes e valados.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Malacostráceos Categoría:Animais descritos en 1758