Octavio San Martín Domínguez, nado en Ferrol o 23 de novembro de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1982, foi un militar e escritor galego.
Traxectoria Fillo do tenente auditor da Mariña José San Martín Paniagua. Capitán de Artillaría da Armada. Foi representante da Obra Católica de Asistencia Universitaria (OCAU) que proporcionaba axuda aos exiliados da ocupación soviética. Foi elixido presidente da Sociedad Cultural Padronesa en 1953 e en 1957 promoveu unha homenaxe a Ramón Cabanillas. Foi vogal do consello editorial da Editorial SEPT, un dos creadores da Fundación Pedrón de Ouro e foi presidente da Fundación Rosalía de Castro. Colaborou en La Noche con diferentes pseudónimos.La Noche, 9-4-1955, p. 2. Finou en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1982.La Voz de Galicia, 28-10-1982, p. 52.
Obras Contos peneirados, 1970.
Recoñecementos Cabaleiro da Orde de Sabela a Católica. O Padroado do Pedrón de Ouro fíxolle unha homenaxe póstuma o 3 de decembro de 1982.La Voz de Galicia, 4-12-1982, p. 34. En 2002 descubriuse unha placa conmemorativa na Casa Museo Rosalía de Castro.La Voz de Galicia, 16-7-2002, p. 28. Vida persoal
Casou en Padrón con Amelia Pérez Estévez, filla de Isidoro Pérez Artime, en 1930,El Eco de Santiago, 14-1-1930, p. 2. e foi pai de Antonio, Amelia, Maruxa, Matilde e Elisa San Martín Pérez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
El Carballal
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1982