Xuíz Honorario é un recoñecemento que fai a Asociación de Amigos e Amigas do Couto Mixto que dende o ano 2000 nomea anualmente tres xuíces honorarios nun acto público que se celebra na igrexa de Santiago, dos Mixtos, capital do Couto Mixto.

miniatura|Chave que se lles entrega ós Xuíces Honorarios.

Instauración do recoñecemento A Asociación de Amigos e Amigas do Couto Mixto (constituída en 1992 co nome de Asociación de Amigos do Couto Mixto, renomeada en 2025) creouse coa finalidade de recuperar a memoria histórica do Couto Mixto. Entre outras, forman parte desta asociación persoeiros da cultura galega como Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xesús Ferro Ruibal, Xosé González Martínez ou Antón Pulido. No ano 2000 acordou o recoñecemento como Xuíz Honorario do Couto Mixto ás persoas que se signifiquen no labor cultural, etnográfico e na defensa e promoción deste territorio arraiano. Tamén para lembrar á figura que rexía os destinos daquel territorio, coa súa peculiar autonomía. Aos nomeados entréganlle simbolicamente unha chave, que lembra a que portaban os homes de acordo, un bastón, que simboliza o mando, e un diploma acreditativo.

Historia Antecedentes

Os habitantes do Couto tiñan o privilexio do autogoberno, mediante a elección dun Xuíz ou Alcalde polas cabezas de familia das tres aldeas, elección celebrada no inverno cada tres anos. Este Xuíz exercía as funcións gobernativas, administrativas e xudiciais fronte a delitos cometidos dentro dos límites do Couto. Alén diso, había a posibilidade de tomar acordos en concello aberto por tódolos veciños e podían empregar o dereito de revogación para mudar os representantes electos antes do final do seu mandato se se detectaba un mal desempeño das funcións para as que foron elixidos. O derradeiro Xuíz do Couto Mixto miniatura|Delfín Modesto BrandónDelfín Modesto Brandón foi o derradeiro xuíz do Couto Mixto.

Asumiu o cargo de Xuíz en xaneiro de 1863, sendo elixido para pór fin ós abusos continuos e violacións da soberanía por parte das autoridades portuguesas e españolas. Renunciou ó cargo cando a partición e anexión do territorio era inminente. Foi seguido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio, entre España e o Reino de Portugal, o 23 de xuño de 1868. Publicou as súas memorias en castelán en 1907, co título Interesante Historieta del Coto Mixto.

Descrición Os actos de entrega comezan cun pasa rúas pola aldea de Santiago dos Mixtos das persoas ou institucións recoñecidas ese ano. Nesa data, significada para a veciñanza, engalánanse os corredores, balcóns e fiestras das casas con antigas colchas tecidas artesanalmente, o que lle dá un colorido e distinción especial á celebración.

miniatura|Arca das tres chaves miniatura|Diploma acreditativo como Xuíz Honorario. A comitiva chega ao adro da Igrexa, onde é recibida polo público asistente. Dentro da igrexa ten lugar o lectura da acta da Asociación de Amigos do Couto Mixto onde se recollen os motivos dos merecentes da distinción dese ano. Recibida a Chave, o Bastón e o Diploma, a persoa distinguida diríxese aos membros da asociación e ao público. Remata esta primeira parte dos actos coa chamada polo nome, parte do presidente da asociación, aos tres Homes de Acordo que a viva voz din "Presente" e diríxense ata a Arca das Tres Chaves, onde, cada un, insire a súa chave. Aberta a arca, deposítase a acta da Asociación, os discursos dos homenaxeados e os libros publicados relacionados co Couto Mixto, se os houbera, e finalmente péchase a arca polos tres Homes de Acordo.

Fóra, no adro da igrexa, lugar onde se reunía o Goberno do Couto Mixto, en concello aberto, ao pé da escultura de Delfín Modesto Brandón, faise unha ofrenda floral á súa memoria e pronúnciase algún discurso, e nos últimos anos unha representación teatral relacionada coa figura do derradeiro xuíz do Couto Mixto.

Remata a xornada cunha fraternal comida o aire libre nas inmediacións da igrexa.

Premiados # Ano Nome Actividade 1 2000 Xosé Manuel Cid FernándezBento da CruzUniversidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro Pedagogo e escritorEscritor Pola divulgación do Couto Mixto 2 2001 Francisco Fernández del RiegoLuís García MañáRamón García Rivero Escritor e académicoEscritorCrego de Santiago de Rubias e valedor da identidade do Couto Mixto 3 2002 Constantino García GonzálezXosé González MartínezAntonio López Martínez EscritorPolítico e intelectualPolítico 4 2003 Non se atoparon datos 5 2004 Antón Riveiro CoelloXosé Benito RezaCesáreo González Veloso EscritorEscrito e políticoHome de acordo do Couto Mixto 6 2005 Francisco CamposÁlvaro López MiraXosé López Añel XornalistaProfesor da Universidade de VigoHome de acordo do Couto Mixto 7 2006 Carlos Varela GarcíaAlfonso Sobrado PalomaresSergio Álvarez Álvarez Fiscal Superior de GaliciaEscritor e políticoHome de acordo do Couto Mixto 8 2007 Miguel Blanco GrandeLaura Seara SobradoAlberto Fidalgo FranciscoMáximo Salinas Valencia Crego do Couto MixtoPolíticaPolíticoCatedrático da Universidade de Santiago 9 2008 Celso Delgado ArceCORENXosé Luís Méndez Romeu PolíticoEmpresaPolítico 10 2009 Gonzalo Jar CouseloAntonio Loroureço FontesJosé Rodríguez Cruz Xeneral da Garda CivilCrego arraianoEscritor 11 2010 María do CeoXosé Luís Méndez FerrínMiguel A. González García CantanteEscritorArquiveiro 12 2011 Paula GodinhoAntonio Rodríguez ColmeneroXosé Badás EscritoraArqueólogoDefensor da cultura arraiana 13 2012 Carlos NúñezCámara Municipal de ChavesConcello de VerínXosé Antón Gómez Segade GaiteiroCámara MunicipalConcelloArraiano de cerna 14 2013 Xesús Vázquez AbadPonte nas ondas PolíticoDinamización cultural 15 2014 Eixo AtlánticoEscola Superior UniversitariaXosé María Eguileta Franco EntidadeEscolaArqueólogo 16 2015 Cámara Municipal de Vilanova de CerveiraConcello de TomiñoAsunción Sanz FerreiroJosé Lamela Bautista Cámara MunicipalConcelloMestraEscritor e político 17 2016 Eurocidade Valença-TuiAsociación Galego-Portuguesa de Profesores pola Paz2nafronteira EntidadeAsociaciónGrupo musical 18 2017 Valentín García GómezAlejandro Rubín CarballoAugusto Domíngues e Arturo Grandal PolíticoEmpresarioAlcaldes da eurocidade Monçao - Salvaterra de Miño 19 2018 CambedoSoutelinhoLamadarcos FreiguesíaFreiguesíaFreiguesía 20 2019 Mercedes Vázquez SaavedraSuso DíazManuel Batista Calçada Pombal Etnóloga e fotógrafaPoetaPresidente da Cámara Municipal de Melgaço ## 2020 (Non se entregaron debido á pandemia de coronavirus). ## 2021 (Non se entregaron debido á pandemia de coronavirus). 21 2022 Consuelo Castro ReiArmando González LópezDiana Gonçalves Avogada do estadoCompositor do himno do Couto MixtoCineasta 22 2023 Fernando Venâncio Ángeles Huerta González Mario García Gómez EscritorCineastaPolítico catalán de orixe galega 23 2024 Felipe Lubián Lubián Celso Ferreira Fernández Helena Pousa AlcaldeArtesánEtnógrafa 24 2025 Centro Social Cultural e Desportivo de Vilarelho da RaiaAsociación de Mulleres Rurais as Raíñas da PicoñaVall d´Arán (Lleida) Asociación Asociación Entidade política singular catalana 25 2026 Asociación de mulleres rurais A Raia de Baltar Xurxo Lobato Marco Neves Asociación Fotógrafo Tradutor e docente portugués

Notas

Ligazóns externas Galeguizar Galicia / Asociación de Amigos do Couto Mixto Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2011 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2011-2 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2011-3 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2012 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2013 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2016 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2017 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2018 Xuíces Honorarios do Couto Mixto do 2019

Categoría:Premios de Galicia

Categoría:Calvos de Randín