José Ramos López, nado en Buenos Aires en 1911 e finado en Lugo o 21 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi directivo en Lugo do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM),Fernández (2022), p. 14 participou nos mitins da Coalición Republicana nas eleccións de febreiro de 1936,El Pueblo Gallego, 6-2-1936, p. 10.El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 10. e foi delegado gobernativo no Courel nesas eleccións, onde foi agredido polo fiscal municipal recibindo un disparo.El Pueblo Gallego, 15-2-1936, p. 11. Mestre nacional, aprobou a reválida en xuño de 1936.La Voz de la Verdad, 18-6-1936, p. 6. Pertenceu a FETE-UGT, presidindo o acto de clausura do congreso provincial da FETE de Lugo en abril de 1936.El Pueblo Gallego, 11-4-1936, p. 12.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Lugo en consello de guerra acusado de traizón, foi condenado a pena de morte e multa mancomunada de 1,5 millóns de pesetas. Foi executado en Lugo o 21 de outubro de 1936 ás 18 h. con Ramón García Núñez, Perfecto Abelairas Castro, Ángel Pérez López e Rafael de Vega Barrera.El Progreso, 22-10-1936, p. 1. Para facerlle fronte ás responsabilidades políticas embargáronlle os seus bens.BOP Lugo, 10-12-1936, p. 2.BOP Lugo, 30-12-1936, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do POUM Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1936