thumb|Lago Towuti en 1930 O Lago Towuti () é un lago da rexencia de Luwu Oriental, na provincia de Célebes do Sur, Indonesia. Arrodeado de montañas, é o maior dos lagos da illa de Sulawesi e un dos cinco lagos do sistema lacustre de Malili (os outros son Matano e os pequenos Mahalona, Masapi e Lontoa (Wawantoa)).Gray, S.M., and J.S. McKinnon (2006). A comparative description of mating behaviour in the endemic telmatherinid fishes of Sulawesi's Malili Lakes. Environmental Biology of Fishes 75: 471–482 Un río leva a auga do lago á baía de Boni. Nas súas costas atópase a poboación de Laronda.

Ecoloxía Ao igual que os outros lagos do sistema Malili, Towuti ten un gran número de especies endémicas, como peixes Telmatherinidae, Glossogobius, Mugilogobius, Nomorhamphus e Oryzias, camaróns Caridina, cangrexos Parathelphusidae (Nautilothelphusa, Parathelphusa e Syntripsa) e caracois Tylomelania.von Rintelen, K., and Y. Cai (2009). Radiation of endemic species flocks in ancient lakes: systematic revision of the freshwater shrimp Caridina H. Milne Edwards, 1837 (Crustacea: Decapoda: Atyidae) from the ancient lakes of Sulawesi, Indonesia, with the description of eight new species. Raffles Bulletin of Zoology 57: 343-452.von Rintelen, T., K. von Rintelen, M. Glaubrecht, C.D. Schubart, and F. Herder (2012). Aquatic biodiversity hotspots in Wallacea: the species flocks in the ancient lakes of Sulawesi, Indonesia. pp. 290-315 in: Gower, D.J., K.G. Johnson, J.E. Richardson, B.R. Rosen, L. Rüber, and S.T. Williams, S.T., eds (2012). Biotic evolution and environmental change in southeast Asia.Cambridge University Press, Cambridge.

Entre estas, Caridina spongicola vive en esponxas de auga doce, sendo unha das dúas especies coñecidas de camaróns de auga doce que practican o comensalismo (a outra é un camarón Limnocaridina, que vive de mexillóns do Lago Tanganica).

Notas

Categoría:Lagos de Indonesia