A final do Mundial de Fútbol de 1930 foi o partido final da primeira edición da Copa do Mundo de Fútbol, que se disputou no estadio Centenario de Montevideo, Uruguai, o 30 de xullo de 1930. O partido coroou ao Uruguai como o primeiro campión mundial deste deporte, despois de derrotar á Arxentina por 4-2.
Antecedentes A selección arxentina chegaba ao Mundial como vencedora das dúas últimas edicións da Copa América, mentres que o Uruguai gañara a medalla de ouro nos dous últimos Xogos Olímpicos. Precisamente na última cita olímpica, nos Xogos Olímpicos de 1928, ambas seleccións enfrontáranse na final, vencendo os uruguaios por 2-1 nun partido de desempate, despois de que o partido inicial rematase 1-1.
A final do Mundial foi o 109º enfrontamento entre uruguaios e arxentinos, que chegaron á cita cun balance de 37 vitorias para o Uruguai, 43 para a Arxentina e 27 empates. O último partido entre eles xogárase só dous meses antes en Buenos Aires, durante a disputa da Copa Newton, e rematara con empate a un gol.
Programada para un mércores, foi unha das dúas únicas finais da Copa do Mundo que non se disputaron un domingo, sendo a outra a final do Mundial de 1966, que se xogou un sábado. Tras un desacordo sobre que equipo proporcionaría o balón, a FIFA interveu co compromiso de que a Arxentina proporcionase o balón para a primeira metade e o Uruguai para a segunda.
Camiño á final Uruguai Rolda ArxentinaRival Resultado Primeira roldaRival Resultado 1–0 Partido 1 1–0 4–0 Partido 2 6–3 Partido 3 3–1 Equipo 2 2 0 0 5 0 +5 4 2 1 0 1 3 5 −2 2 2 0 0 2 1 4 −3 0 Clasificación Equipo 3 3 0 0 10 4 +6 6 3 2 0 1 5 3 +2 4 3 1 0 2 4 3 +1 2 3 0 0 3 4 13 −9 0Rival Resultado Fase eliminatoria Rival Resultado 6–1 Semifinais 6–1
O partido
Resumo As portas do estadio abríronse ás oito da mañá, seis horas antes do inicio, e ao mediodía as bancadas estaban cheas,Glanville, p19 cunha cifra oficial de 93.000 espectadores. O Uruguai remontou o 1-2 que sinalaba o marcador no descanso e gañou por 4-2.
Aos 12 minutos, Pablo Dorado puxo en vantaxe aos locais, antes de que o extremo arxentino Carlos Peucelle empatase 8 minutos despois, superando ao porteiro Enrique Ballestrero cun potente disparo. No minuto 37, o máximo goleador do torneo, Guillermo Stábile, deu a Arxentina a vantaxe de 2-1 coa que chegou ao descanso. O Uruguai igualou o marcador aos 12 minutos da segunda metade mediante un gol de Pedro Cea, e tomou a vantaxe definitivamente cun gol de Santos Iriarte no minuto 68. Cando faltaba un minuto para o final, Héctor Castro puxo no marcador o 4-2 definitivo, selando a vitoria uruguaia na primeira Copa do Mundo.
Jules Rimet, presidente da FIFA, entregou aos uruguaios o trofeo que máis tarde levaría o seu nome. O día seguinte foi declarado festivo no Uruguai. En Buenos Aires, unha turba lanzaba pedras contra o consulado uruguaio.Glanville, p21
O adestrador uruguaio, Alberto Suppici, tiña 31 anos naquel momento e aínda se mantén como o adestrador máis novo en gañar a Copa do Mundo. O último xogador supervivente da final foi o dianteiro arxentino Francisco Varallo, que morreu o 30 de agosto de 2010 aos 100 anos. O último supervivente do Uruguai foi Ernesto Mascheroni, que morreu o 3 de xullo de 1984 aos 76 anos.
Detalles
GK Enrique BallestreroRB José Nasazzi (c)LB Ernesto MascheroniRH José AndradeCH Lorenzo FernándezLH Álvaro GestidoOR Pablo DoradoIR Héctor ScaroneCF Héctor CastroIL Pedro CeaOL Santos IriarteAdestrador:Alberto Suppici |valign="top"|300px |valign="top" width="50%"| GK Juan BotassoRB José Della TorreLB Fernando PaternosterRH Juan EvaristoCH Luis MontiLH Pedro SuárezOR Carlos PeucelleIR Francisco VaralloCF Guillermo StábileIL Manuel Ferreira (c)OL Mario EvaristoAdestradores:Francisco Olazar Juan José Tramutola
Árbitros asistentes: Ulises Saucedo (Bolivia) Henri Christophe (Bélxica) |}Regras do partido 90 minutos. 30 minutos de prórroga se fose necesario. Repetición do partido se se mantén o empate. Sen substitucións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Datos do torneo no sitio web da FIFA .
Categoría:Partidos da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Partidos da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Finais da Copa do Mundo de Fútbol Categoría:Mundial de Fútbol de 1930