Auki Kanaima Tituaña Males, nado en Cotacachi o 2 de xaneiro de 1965, nado como Segundo Antonio Tituaña Males, é un economista, político e dirixente indíxena ecuatoriano de etnia kichwa. Foi alcalde de Cotacachi e presidente da Asociación de Municipalidades do Ecuador.
Traxectoria Nado en Cotacachi o 2 de xaneiro de 1965 como Segundo Antonio Tituaña Males, cambiou os seus nomes polos indíxenas Auki, que significa enerxía, e Kanaima, “guerreiro reivindicador dos vencidos”.
Os primeiros anos universitarios cursounos na Universidade Católica de Ibarra e na Central de Quito. Entre 1984 e 1990 estudou Economía en Cuba, nas universidades de Camagüey e da Habana, grazas a unha bolsa do goberno cubano. Alí, cun compañeiro otavaleño, aprendeu a falar kichwa.
Matrimonio Está casado dende 1988 con Luz Marina Vega Conejo, irmá da dirixente política Nina Pacari. Ten tres fillas: Kuri Pacha (Tempo de Ouro), Allpa Pacari (Terra do Amencer) e Katic Nina Yuyaric (Herdeira das Memorias de Lume).
Carreira política En 1995, xunto con outros dirixentes indíxenas fundou o movemento Pachakutik como brazo político da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie).
Alcalde de Cotacachi (1996-2009) En 1996 foi elixido alcalde do municipio de Cotacachi en Imbabura, sendo un dos primeiros alcaldes indíxenas na historia ecuatoriana. Foi reelixido en 2000 e 2004. Nas eleccións para a alcaldía de Cotacachi o 26 de abril de 2009 foi derrotado por Alberto Anrango, candidato de PAIS e tamén kichwa.
Durante a súa xestión como alcalde de Cotacachi implementou medidas para erradicar o analfabetismo e reducir a fenda dixital, así mesmo aplicou o sistema de orzamento participativo en que por medio de asembleas cantonais anuais se transmitía á alcaldía a información sobre o uso que os cidadáns preferían dos recursos públicos cantonais á vez que tales asembleas facían de avaiadoras sobre o uso dado ao orzamento do ano anterior.La experiencia del presupuesto participativo en Cotacachi . Informe de la organización Ordenamiento Participativo de Portugal
Post-alcaldía En 2011 foi candidato á presidencia da Conaie como representante da Federación de Indíxenas da Serra Norte. Logo de obter 353 votos foi derrotado por Humberto Cholango con 472 votos.
En outubro de 2012 foi nomeado candidato á vicepresidencia de Ecuador como binomio de Guillermo Lasso polo movemento Creando Oportunidades (CREO). Logo do seu nomeamento, a dirixencia indíxena da Conaie, presidida por Humberto Cholango, expulsou a Auki Tituaña por considerar a súa alianza con Lasso unha traizón ao indixenismo tradicionalmente filosocialista da organización.
Tituaña desafiliouse de Pachakutik, un día antes do seu nomeamento como candidato. Tituaña posteriormente renunciou a integrar o binomino con Lasso, alegando que a dirixencia do seu anterior partido Pachakutik lle puxo obstáculos legais á súa inscrición como candidato vicepresidencial.Pachakutik aún no expulsa a Tituaña y traba su aspiración. El Universo
Acalde de Cotacachi En maio de 2019 asumiu por cuarta ocasión a alcaldía de Cotacachi, logo de gañar as eleccións en representación do movemento Concertación.
Recoñecementos internacionais Resultado do seu labor como alcalde de Cotacachi obtivo tres premios internacionais.
Premio Internacional Dubai ás Mellores Prácticas. Outorgado polo Municipio de Dubai e ONU-HABITAT. (2000) Premio "Cidade de paz". Outorgado pola UNESCO. (2002) Premio Cidades Dixitais. Outorgado por AHCIET. (2007)
Notas
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Políticos de Pachakutik Categoría:Políticos de Ecuador Categoría:Alumnos da Universidade da Habana Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua