Donna (Kolnik) Pope,Smith, P. (2012). nada en Cleveland, Ohio, o 15 de outubro de 1931, é unha política e alta funcionaria estadounidense, que ocupou o posto de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1981 e 1991, baixo a presidencia de Ronald Reagan.

Traxectoria Donna Pope naceu en Cleveland, Ohio, o 15 de outubro de 1931, filla de Marie Josephine Thiel e de John Emil Kolnik."Donna Pope". Prabook.com

Actividade política A partir de 1972 foi membro da Cámara de Representantes de Ohio, polo Partido Republicano, e en 1978 foi elixida voceira da minoría. Nesta cámara mantívose durante seis períodos lexislativos e formou parte das comisións xudicial, de normas, de ética e de servizos lexislativos."Nomination of Donna Pope To Be Director of the Mint". The American Presidency Project.

En 1979 e 1980 foi copresidenta da campaña electoral de Ronald Reagan en Ohio e tamén copresidiu a delegación deste Estado na Convención Nacional Republicana de 1980.

Directora da Casa da Moeda dos EEUU En xullo de 1981 foi designada polo presidente Reagan para ser a cuarta muller consecutiva —e a quinta ata o momento— en ocupar a dirección da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e en 1986 confirmouna no posto para un novo mandato, que concluíu en 1991.McPike, S. (2015) .

Durante o seu período na ceca pública emprendeu unha fonda renovación do programa de emisións conmemorativas. Entre os feitos máis destacables deste período están a cuñaxe das primeiras moedas conmemorativas desde 1954 —e en ouro, as primeiras desde 1933—"U.S. Mint again going for the gold". En Chicago Tribune. 9 de setembro de 1986. e o inicio do exitoso programa American Eagle; dirixiu os programas de moedas dun dólar conmemorativo e no seu derradeiro ano como directora lanzouse o dólar de prata conmemorativo da guerra de Corea. Tamén foi a directora de márketing no seu país para o programa de moedas do centenario do Comité Olímpico Internacional."U.S. Treasurer and ex-Mint Director comment on coins". Chicago Tribune. 8 de setembro de 1991.

Outra das súas achegas foi a creación da Oficina do Historiador da Casa da Moeda dos Estados Unidos, para investigar sobre a historia desta institución.

Recoñecementos Entre os recoñecementos máis salientables pola súa carreira están a inclusión entre as lexisladoras máis influentes do país polo Instituto de Política da Universidade Rutgers e polo Instituto da Política da Muller do Mount Vernon Seminary and College, de Washington.

No ámbito numismático, en 1991 Pope foi merecedora do Premio ao Servizo Público Destacado, da American Numismatic Society."ANA Past Award Recipients". Páxina 11. American Numismatic Association.

Vida persoal Donna Pope casou o 21 de outubro de 1951 con Raymond Pope, con quen tivo dúas fillas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

McPike, S. (2015). "Six Women Who Have Led the United States Mint ". United States Mint News. 18 de marzo. Smith, P. (2012). "Pope, Donna (Kolnik)". En American Numismatic Biographies. Páxina 296.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

Retrato de Donna Pope (Ronald Reagan Presidential Library & Museum)

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Cleveland, Ohio Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades sen imaxes