Frank Aleamon Leach, nado en Auburn, Nova York, o 19 de agosto de 1846, e finado en California o 19 de xuño de 1929, foi un editor de prensa escrita e xornalista estadounidense, superintendente da Casa da Moeda de San Francisco (1897-1907) e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1907-1909).

Traxectoria Frank A. Leach naceu o 19 de agosto de 1846 en Auburn, condado de Cayuga, en Nova York, fillo de Mary e Edwin Warren Leach. En 1852 trasladouse coa súa familia a Sacramento, onde o seu pai estableceu unha empresa embotelladora, e posteriormente, en 1857, a Napa, ambas en California.Who's Who in America (1908-1909). Volume 5. Páxina 1.111.Smith, P. (2012)."Leach, Frank Aleamon, 1846-". Snaccooperative.org"Recollections of a newspaperman; a record of life and events in California". Library of the Congress.

Como editor de prensa foi o fundador de xornais como o Vallejo Evening Chronicle, en 1867, e que vendeu en 1886, e tamén do Oakland Evening Enquirer, que dirixiu ata 1897.

Leach foi tamén membro da Asemblea Estatal de California, entre 1890 e 1892, polo Partido Republicano.

O 1 de agosto de 1897 foi nomeado superintendente da Casa da Moeda de San Frncisco, e desde ese posto tivo que enfrontarse ao terremoto e ao posterior incencio ocorridos nesa cidade en 1906, que puxeron en risco a integridade da Casa da Moeda. Leach cesou nese cargo o 19 de setembro de 1907, data en que o presidente Theodore Roosevelt, por recomendación do secretario do Tesouro, George B. Cortelyou, o nomeou director da Casa da Moeda dos Estados Unidos."Mint Director Appointed; Frank A. Leach, at Present Superintendent in San Francisco". En New York Times. 9 de xullo de 1907.

En 1891 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.

O 1 de xullo de 1909 dimitiu da dirección da ceca pública para asumir o cargo de presidente da compañía People's Water Company nos condados californianos de Alameda e Contra Costa.

Vida persoal Leach casou o 1 de decembro de 1870 con Mary Louise Powel, con quen tivo catro fillos.

Faleceu en California o 19 de xuño de 1929, aos 82 anos, e foi soterrado no cemiterio Mountain View, en Oakland."Frank Aleamon Leach Sr.". Findagrave.com

Publicacións Frank A. Leach foi autor de dous traballos monográficos:"Leach, Frank Aleamon 1846-1929". WorldCat Identities.

(1917). Recollections of a Newspaperman: A Record of Life and Events in California. S. Levinson, San Francisco. (1921). Wild Life in California: Some of Its Birds, Animals and Flowers. Tribune Publishing Company, Oakland.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Leach, Frank Aleamon". En American Numismatic Biographies. Páxina 222.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados no condado de Cayuga, Nova York Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos