miniatura| Lea Bach Lea Bach i Baixeras, nada en Torelló, Barcelona, en 1891 e finada en Río de Janeiro (Brasil) en 1988, foi unha arpista catalá de renome internacional.
Aos sete anos ingresou no Liceo Filarmónico Dramático de S.M. la Reina Isabel II (futuro Conservatorio do Liceu). Foi unha nena prodixio na interpretación musical coa arpa, xa que obtén o seu título de arpa aos trece anos. Dirixida por Alphonse Hasselmans, continuou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de París para pasar a desenvolver a súa carreira sobre todo no estranxeiro.. Foi profesora na Escola Nacional de Música de Río de Janeiro.
Bibliografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Programa dos concertos no Palau da Música Catalana en 1920.
Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Arpistas de España