Leandro Elrich, nado en Buenos Aires, Arxentina, en 1973, é un artista arxentino. A través das súas instalacións reconstrúe a realidade e implica ao espectador nos seus xogos ópticos. As obras deste artista, un arxentino residente en París, rompen as expectativas convencionais de tempo e espazo. Erlich formula situacións aparentemente cotiás, aínda que de inmediato implica ao espectador nunha especie de engano. A obra de Leandro Erlich invita á dúbida. A arte aparece alí como produtora de incertezas destinadas a cuestionar a realidade, subliñando as súas contradicións e interrogándoa sobre a razón da súa orde.
Exposicións relevantes
Leandro Erlich: Piscina (Swimming Pool) no PS1 Contemporary Art Center, en Nova York, 2008-2010 El consultorio del psicoanalista. Fundación Proa, Buenos Aires, 2009 La Torre, no MNCARS, Madrid, 2008 Pequenas maquetas de grandes proxectos, na galería NoguerasBlanchard, 2008 Leandro Erlich, MACRO, Museo de Arte Contemporánea, Roma, 2006 Ballet Studio, Centre D'Art Santa Mònica, Barcelona, 2003. XXVI Bienal de São Paulo, 2004.
O Centro Galego de Arte Contemporánea organizou obradoiros baseados nos seus traballos chamados "Non todo é o que parece".
Premios e recoñecementos Foi premiado pola Fundación Joan Mitchell (2001); UNESCO da Bienal de Istanbul (2001); premio Leonardo do Museo Nacional de Belas Artes de Buenos Aires (2000); Premio Eliza, Core Program Museum of Fine Arts, Houston (1998). Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Leandro Erlich e Rubén Grilo no programa La tarde en 24h: La hora cultural en RTVE Play
Categoría:Arte contemporánea