miniatura|240px|Chirocentrus dorab. Debuxo do antigo artista de FishBase Robbie Cada A dos quirocéntridos (Chirocentridae) é unha pequena familia de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes.

Comprende tan só un xénero con dúas especies mariñas relacionadas cos arenques.

Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1849 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.Chirocentridae Bleeker, 1849 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.

Xénero O xénero fora descrito en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.Chirocentrus Cuvier, 1816 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.

Especies Como quedou dito, o xénero conta dó con dúas especies: Chirocentrus dorab (Forsskål, 1775), que habita en augas costeiras cálidas desde o Mar Vermello até o Xapón e Australia. Chirocentrus nudus Swainson, 1839, que vive nun rango similar. (Esta especie é difícil de distinguir de C. dorab; a primeira ten unha marca negra na súa aleta dorsal). Tamén se sabe que esta especie come cangrexos, ademais da súa dieta habitual de peixes máis pequenos).

Características Ambas as especies teñen corpos alongados e mandíbulas con dentes longos e afiados que facilitan o seu apetito voraz, principalmente para comer outros peixes.Nelson, Gareth (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-1254-7665-5, p. 94.

Ambas as especies alcanzan unha lonxitude de 1 m. Teñen os costados prateados e as costas azuladas.

Péscanse comercialmente, e comercialízanse frescos ou conxelados.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2011): "Chirocentridae" en FishBase.

Outros artigos Clupeiformes

Categoría:Clupeiformes