Heritage Auctions é unha compañía multinacional de poxas estadounidense con sede en Dallas, Texas.

Fundada en 1976, foise conformando ao longo das décadas de 1970 e 1980 como resultado da asociación de dous coleccionistas ata daquela rivais, e coa posterior incorporación doutros socios. A compañía, dedicada inicialmente ás poxas numismáticas, foi abranguendo a partir de 2001 novos espazos do coleccionismo, entre eles os cómics, obras de arte, libros, accesorios de luxo, bens inmobles, e obxectos de interese sobre o cine, a música, a historia e o deporte.

Historia Heritage Auctions formouse a partir dunha asociación entre dous coleccionistas: Steve Ivy e Jim Halperin.Wilonsky, R. (2006). "History for Sale". Dallas Observer. 27 de abril. En 1967, Ivy abandonou a Universidde de Texas en Austin para fundar a compañía de comercio numismático Steve Ivy Rare Coin Co. na cidade de Dallas.Pate, S. (2011). "Rich Heritage". En D Magazine. 19 de outubro. Pola súa banda, en 1971 Halperin estableceu tamén a súa propia compañía de venda de moedas, New England Rare Coin Galleries, en Boston, cando aínda era alumno de primeiro curso na Universidade Harvard, que tamén abandonou.

Foi Ivy quen fundou a compañía Heritage Auctions en Dallas en 1976 a partir do seu negocio inicial, máis modesto. Ivy e Helperin, acérrimos rivais no ambiente do coleccionismo, coincidían adoito en feiras e poxas do sector. En 1982, Halperin vendeu o seu negocio de Boston e trasladouse a Dallas para se integrar en Heritage Auctions como socio de Ivy; nesta operación, trouxo consigo a Marc Emory, un colaborador que pasou e dirixir as operacións europeas da compañía. En 1986 uniuse á empresa Greg Rohan, quen chegou a ser o presidente de Heritage Auctions.Channick, R. (2017). "Heritage Auctions brings its paddles to Chicago". En Chicago Tribune. 19 de xaneiro. Ademais de Ivy, Halperin, Rohan e Emory, a compañía foi incorporando nos anos posteriores como novos socios a Paul Minshull, Ryan Carroll, Todd Imhof e Cristiano Bierrenbach.

En 1996, a compañía puxo en marcha un sitio web para facer posible a compravenda de moedas a través de poxas en liña, o que lle permitiu a Heritage ampliar notablemente a súa carteira de vendedores e compradores potenciais. A instancias de Halperin, a compañía comezou a ampliar o seu modelo de negocio para incluír outros obxectos de colección, ademais da numismática, e en 2001 incluíronse por vez primeira cómics nas súas poxas. En 2003 a empresa puxo en marcha un departamento propio dedicado a obxectos de interese de distintos temas, e a súa primeira poxa tivo unhas vendas de arredor de dous millóns de dólares. miniatura|260x260px|Obxectos relacionados co cine, expostos para a súa poxa nunha das salas de Heritage Auctions, en Dallas. A mediados da década de 2000, Heritage Auctions foise introducindo no mercado da música, o entretemento e os recordos cinematográficos. En abril de 2006, a casa de poxas celebrou a súa terceira poxa bianual de obxectos de colección que pertenceran a actores, músicos, directores e outros cineastas famosos. As coleccións vendidas nestas poxas incluían obxectos utilizados en películas, decorados e pezas de roupa das películas e das series máis famosas da historia, así como efectos persoais de diversos artistas da música e do cine.

En 2010, Heritage creou unha nova división dedicada aos obxectos de luxo, onde se encadran as xoias, os bolsos e outros accesorios.Gustines, G. G. (2010). "Market Watch: Bidding on Luxury". En T Magazine. The New York Times. 6 de decembro. Nalgúns casos, os artigos máis raros destas poxas chegaron a venderse por máis de 200.000 dólares.Fitzpatrick, T. (2012). "First Look: Heritage Auctions's Holiday Luxury Items From Chanel, Hermès, and Louis Vuitton". En ELLE. 3 de decembro.

En 2013 ampliouse o mercado ás obras de artes modernas e contemporáneas, de artistas como Pablo Picasso, Andy Warhol, Joan Mitchell ed Edward Ruscha.Simek, P. (2013). "This Week Heritage Auctions Offers A Brief Look at a Trove of Modern and Contemporary Art". En D Magazine. 21 de maio.

Xusto despois do estoupido da pandemia de COVID-19, entre o 20 e o 27 de abril de 2020, as vendas en liña de Heritage Auctions acadaron a suma de 41 millóns de dólares, preto do 10 % das vendas en liña do ano anterior (483 millóns en 2019).Kamp, J. (2000). "Heritage Auctions brought in $41 million from online sales in a week". En Artsy.net. 5 de maio.

En 2022, Heritage Auctions foi recoñecida co premio 2023 Trustees' Award, da American Numismatic Society."Recipients of the Trustees’ Award ". American Numismatic Society."Heritage Auctions Receives ANS' 2023 Trustees' Award". En Coins Weekly. 13 de outubro de 2022.

Instalacións e expansión O 1 de xuño de 2020, como medida encamiñada á redución de custos, Heritage Auctions unificou as súas operacións, que antes se desenvolvían desde tres sedes na área de Dallas, nunha nova sede mundial en Irving, preto do aeroporto internacional de Dallas,"Dallas-Based Heritage Auctions Relocates World Headquarters to New, 160,000 Square-Foot Campus". Heritage Auctiions (Ha.com). nunhas instalacións de case 15.000 metros cadrados nas que desenvolven o seu traballo entre 450 e 600 traballadores.Montes, B. R. (2020). "Dallas-Based Heritage Auctions Relocates World Headquarters to New, 160,000 Square-Foot Campus". En D Magazine. 3 de xuño.

A compañía ten tamén oficinas en Nova York, situadas en Park Avenue. As operacións nesta cidade están orientadas principalmente ás belas artes.Cascone, S. (2015). "Heritage's First New York Modern Art AuctionHeritage's First New York Modern Art Auction". En Artnet News. 23 de setembro.

Na costa oeste, Heritage Auctions ten unha delegación no Olympic Boulevard de Beverly Hills, California, e ademais en 2011 adquiriu a compañía Greg Martin Auctions en San Francisco, conformando así unha nova división dedicada ao coleccionismo de armas.Smith, S. S. (2013). "Sold! Steve Ivy Lifts Heritage Auctions To No. 1". En Investor's Business Daily. 24 de abril.

Heritage expandiu as súas operacións engadindo unha oficina en Hong Kong en 2015.Voien, G. (2015). "Heritage Auctions Expands to Hong KongHeritage Auctions Expands to Hong Kong". En Observer. 25 de xuño. Na primavera de 2017, a compañía abriu unha sucursal en Florida con oficinas en Palm Beach.Valverde, M. (2016). "Heritage Auctions expands operations in Florida ". En South Florida Sun-Sentinel. 23 de marzo. Así mesmo, en xaneiro de 2017 inaugurou as oficinas da súa nova sede de Chicago."Heritage Auctions Opens Chicago Office and Gallery". Heritage Auctions (Ha.com). 25 de xaneiro de 2017.

Poxas senlleiras recentes

En outubro de 2011, Heritage Auctions sacou a poxa bens persoais e recordos cinematográficos do actor John Wayne, que foron vendidos por 5,4 millóns de dólares; en concreto, a boina que levaba en The Green Berets ("Os boinas verdes") acadou o prezo de 179.250 dólares."John Wayne auction rustles up $5.4M". En CBS News. Associated Press. 11 de outubro de 2011. O mes seguinte, vendeuse un exemplar do número 1 de Action Comics, que pertencera a Nicolas Cage, por 2,16 millóns de dólares, batendo o anterior récord de prezo dun cómic, que estaba nun millón e medio.Silverleib, A. (2011). "Super price for Superman comic". En CNN. 2 de decembro. Nunha poxa de decembro de 2015 acadáronse unhas vendas de tres millóns de dólares por obxectos da colección persoal de Sylvester Stallone."Sylvester Stallone's film memorabilia fetches $3 million at auction". En Chicago Tribune. Associated Press. 22 de decembro de 2015. Tamén en 2015, a compañía vendeu por 1.116.250 dólares un dos escasos exemplates da stella ou moeda estadounidense de 4 dólares de ouro de 1880."1880 $4 Coiled Hair, Judd-1660, Pollock-1860, R". Professional Coin Grading Service (PCGS). Un gravado con temática relacionada co béisbol do ilustrador estadounidense Norman Rockwell foi vendido por Heritage Auctions en agosto de 2017 por 1,6 millóns. Esta obra convertérase nunha das ilustracións máis coñecidas de Rockwell logo de ser publicada na portada do Saturday Evening Post en 1949.Richter, M.; Herskovitz, J. (2017). "'Print' on Texas family wall is original Rockwell, sells for $1.6 million'. Reuters. 21 de agosto. Nunha serie continuada de poxas que se produciron a partir de 2018, Heritage Auctions foille dando saída a unha colección de obxectos pertencentes á traxectoria de Neil Armstrong, que falecera en 2012."Neil Armstrong memorabilia fetches $7.5 million at auction". En NBC News. Associated Press. 4 de novembro de 2018.Stuckey, A. (2018). "Neil Armstrong memorabilia brings more than $4 million in first day of Dallas auction". En Houston Chronicle. 2 de novembro. Trátase da primeira poxa da colección persoal do astronauta e conmemora o 50 aniversario da chegada á lúa en 1969. En total saíron a poxa arredor de 3.000 obxectos, e en outubro de 2019 esta serie de poxas recadara uns 12 millóns de dólares.Saker, A. (2019). "Get your bids ready: Fourth auction of Neil Armstrong's belongings begins Oct. 25". En Cincinnati Enquirer. 23 de outubro. En xaneiro de 2019, a compañía vendeu un rarísimo exemplar da moeda dun centavo co busto de Lincoln de 1943 por 204.000 dólares. Zetlin, M. (2019). "These valuable pennies are worth up to $200,000 and they might be in your pocket". En CNBC. 18 de xullo.Simon, D. (2019). "Rare 1943 copper coin fetches a pretty penny in auction: $204,000". En CNN. 10 de xaneiro. En xuño dese mesmo ano sacou a poxa un debuxo orixinal en tinta sobre papel do primeiro cómic de Tintin na súa versión inglesa, titulado Tintin in the Land of the Soviets.Kim, A. (2019). "Tintin original cover art bought at auction for more than $1 million". En CNN. 11 de xuño."'TinTin' artwork sells for $1.1 million at auction". En Deutsche Welle. 9 de xuño de 2019. E o 20 de novembro, o cadro Blueberry Custard (1961) de Wayne Thiebaud, vendeuse nunha poxa de Heritage por 3,225 millóns, o segundo prezo máis alto acadado por unha obra deste artista de Sacramento, California.Ervin, M. (2019). "Sacramento artist Thiebaud's Blueberry Custard fetches $3.225 million at auction". En The Sacramento Bee. 29 de novembro. O día seguinte, un exemplar do número 1 da serie Marvel Comics acadou o prezo de 1,26 millóns, o que supuxo o récord do cómic de Marvel vendido nunha poxa pública.Genovese, D. (2019). "Marvel Comics 1 torches record with $1.26M sale at auction". En FOX Bussines. 22 de novembro. O 13 de decembro de 2020, Heritage Auctions vendeu unha "tarxeta de novato" do xogador de hóckey Wayne Gretzky da tempada 1979-1980 por 1,29 millóns de dólares, a máis cara da historia e a primeira en romper a barreira do millón de dólares.Leahy, S. (2020). "Wayne Gretzky rookie card sets record with $1.3M sale at auction". En NBC Sports. 11 de decembro. O 5 de xaneiro de 2021 adxudicouse un exemplar dun billete de 20 dólares co erro coñecido como "Del Monte", polo prezo de 396.000 dólares, o máis alto alcanzado por un billete vendido por esta compañía.""Del Monte" $20 Sets $396,000 World Record in Banknote Errors". en Coin News (Coinnews.net). 25 de xaneiro de 2021. O 14 de xaneiro de 2021 sacouse a poxa un exemplar practicamente novo do número 1 de cómic de Batman, de 1940, que foi adxudicado en 2,22 millóns de dólares, récord mundial desta serie e o segundo cómic máis caro vendido xamais nunha poxa pública.Stoilas, H. (2021). "Holy hammer! Near mint copy of Batman #1 sells for record $2.2m at Heritage Auctions". En The Art Newspaper. 15 de xaneiro. Unha caixa pechada da primeira edición do xogo de Pokémon estableceu un novo récord para esta categoría ao venderse por 408.000 dólares o 17 de xaneriro de 2021."Sealed Pokémon Base Set Booster Box Sells for Record $408,000 at Heritage Auctions". Heritage Auctions. 15 de xaneiro de 2021.