Bjuv é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania. A súa capital é a localidade de Bjuv.

No municipio distínguense tres tipos de paisaxe: no nordés un bosque de faias, no sur unha paisaxe de outeiros de morena, e no norte unha chaira de sedimentos arcillosos. Historicamente a minería do carbón e a fabricación de ladrillos refractarios foron importantes sectores para a economía local. Porén, a principios da década de 2020 a economía de Bjov estaba dominada pola industria manufactureira e a da construción.

Dende a fundación do municipio en 1971 e ata o ano 2020 a poboación medrou nunhas 2 500 persoas. En decembro de 2024 vivían en Bjuv 15 985 persoas.

Xeografía O concello de Bjuv atopase no noroeste do condado de Escania e limita cos municipios de Svalöv, Åstorp e Helsingborg.

Notas

Bjuv Categoría:Condado de Escania