Слово о плъку Игоревѣ, transcrito do cirílico ao alfabeto latino Slovo o plŭku Ígorevě, é un poema épico anónimo escrito en eslavo oriental antigo.
Título e traducións En ucraíno moderno: Слово о полку оІмолку і полку Игоревѣ polkú Íhorevim. Fontes ucraínas transliteran o nome do protagonista como Ihor (Igor ou Ígor en ucraíno). ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6e/Biliwar.jpg/220px-Biliwar.jpg|miniatura| Ilustración do conto de Ivan Bilibin|esquerda En ruso moderno: Слово о полку Игореве, Slovo o polkú Ígoreve. A data de 2022 non conta con ningunha tradución ao galego.
Foi traducido ao portugués como Conto da Campanha de Ígor, A Campanha da Canção de Ígor, A Leitura da Campanha de Ígor, O Laico do Anfitrião de Igo e O Lama da Guerra Invasada por Ígor.
Foi traducido ao castelán como Cantar de las huestes de Ígor e La campaña del príncipe Ígor.
Trama O poema dá conta dunha infrutuosa invasión de Ígor, o Bravo (m. 1202) contra os cumanos da rexión do río Don. Téñense feito interpretacións do poema relativas á unidade dos eslavos.
Autenticidade Aínda que a autenticidade do poema xa foi discutida, o consenso académico actual é que o poema é auténtico e data da época medieval (finais do século XII).O poema propoñía cubrir ou contar "do ancián Vladimir I de Kíiv até o Igor contemporáneo" (отъ стараго Владимера до нышня Игоря), indicando a composición antes da morte de Svyatoslavich en 1202.
Adaptación O conto da campaña de Igor foi adaptado por Aleksandr Borodin como ópera e converteuse nun dos grandes clásicos da ópera e do teatro rusos., titulado Knyaz Igor e estreado en 1890.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Слово о полку Игореве. Moscova: «Khudojestvennaia literatura», 1987. (Traduccións e transcricións poéticas de D. Likhatxov, L.Dmítrieva, V. Jukovski, N. Zabolotski; tradución explicativa e comentarios en ruso, D. Likhatxov) Cantar de la hueste de Ígor. Montevideo/Buenos Aires, Arca/Galerna, 1967. Tradución ao castelán, prólogo e notas: Yakov Malkiel e María Rosa Lida de Malkiel. Cantar de las Huestes de Ígor. Madrid, Miraguano Ediciones: Libros de los Malos Tiempos. 128 p. ISBN 84-85639-66-9 (en castelán)
Outros artigos
Epopea Poeta de guerra
Literatura rusa Categoría:Literatura medieval Categoría:Literatura de Rusia Categoría:Literatura de Ucraína