Båstad é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania. Anteriormente pertencía ao condado de Kristianstad. A súa capital é Båstad. En decembro do ano 2024 a súa poboación era de 16 026 habitantes.
O municipio cobre a maior parte da península de Bjäre coa baía de Laholm ao norte e a de Skälder ao sur, que son unha enseada e unha baía no Kattegatt. O concello de Båstad atópase principalmente no noroeste do landskap de Skåne, cunha pequena parte (o distrito de Östra Karup) no sur do de Halland. O municipio limita ao sur co concello de Ängelholm e ao nordés co de Laholm.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania