Boca Norte é unha miniserie española creada por Eva Mor, dirixida por Dani de la Orden e Elena Trapé, e producida en 2019 por RTVE coa colaboración de Lavinia Audiovisual para a canle multiplataforma Playz de RTVE. Está protagonizada por Begoña Vargas, David Solans, Guillermo Campra, Marina Castro, Júlia Creus, Guillermo Lasheras e Jasmine Roldán. Narra o xiro de vida dunha moza de 16 anos, quen acaba de chegar a un barrio humilde de Barcelona tras vivir nun dos barrios altos da cidade.
Argumento Andrea, unha adolescente que vive nun barrio alto de Barcelona, vese obrigada a mudarse a un barrio humilde da mesma cidade. Ante a situación, o seu pai quere que a súa filla se adapte, así que lle propón ir ao centro cultural Boca Norte. Alí coñecerá un grupo de mozos unidos polo trap, con quen creará coreografías e comporá cancións para esquecer os seus problemas. Logrará, así, deixar atrás os prexuízos sociais sobre eles.
Capítulos Capítulo 1. Andrea, unha moza dun barrio alto de Barcelona, ten que mudarse a El Carmel, un barrio humilde, para deixar atrás o seu pasado atrás. Alí coñece Boca Norte, un centro cultural xuvenil, e un grupo de adolescentes que comparten a súa paixón polo baile. Tras os prexuízos iniciais, deciden aceptar a Andrea e convidala ao aniversario de Katy, o cal non terminará ben.
Capítulo 2. O grupo ensaia unha canción que Andrea compuxo. Substitúe a Katy, xa que está castigada tras a festa do seu aniversario, o que fará que empece a estar desconforme con Andrea. Por outra banda, Andy e Sarah queren crear unha asociación feminista e solicitar información sobre sexualidade. Descobren que María é virxe, mentres que Lu presume de todas as mozas coas que estivo. Dani, o encargado da Boca Norte, empeza a achegar posturas con Andrea e confésalle os problemas económicos que o centro cultural está a pasar.
Capítulo 3. María non é a única que garda segredos. Lu vaise enfrontar ao seu e María apóiao, xa que empeza a ter sentimentos cara a el. Por outra banda, Sarah empeza a dubidar sobre a súa orientación sexual e Andrea grava o seu primeiro videoclip xunto a Andy.
Capítulo 4. O centro cultural celebra unha festa para recadar diñeiro ante os problemas económicos que sofre para salvalo do peche. Na festa os sentimentos empezan a agromar e Andrea, baixo o efecto das drogas, fará algo que non lles sentará ben de todo aos seus amigos.
Capítulo 5. O diñeiro conseguido non abonda para evitar o peche de Boca Norte. Sarah fai que Andrea confese o que dixo na mensaxe de son que esta lle enviou por equivocación. Isto fai que Dani e Andrea teñan unha conversación. María ten dúbidas sobre o ocorrido na festa con Lu e conta co apoio de Katy. Tras o ocorrido, o grupo non quere seguir adiante co grupo musical. Porén, Andy tenta convencelos polo éxito que está a ter o videoclip nas redes.
Capítulo 6. Boca Norte pecha as súas portas. María, Andy, Katy e Sarah inician unha protesta para evitalo, mais Dani xa está canso de loitar. Finalmente, Andrea recibe unha visita do pasado que fará que todo poida cambiar.
Repartimento e personaxes +Personaxes principaisIntérpretesPersonaxesEpisodiosDavid SolansDani6 episodiosBegoña VargasAndrea6 episodiosGuillermo CampraDJ Lu6 episodiosJúlia CreusKaty6 episodiosGuillermo LasherasAndy6 episodiosMarina CastroMaría6 episodiosJasmine RoldanSarah6 episodios +Personaxes secundariosActoresPersonaxesEpisodiosElena SerranoCarol6 episodiosElena MarínCarol6 episodiosVíctor RebullGuillem5 episodiosSoribah CeesayAmigo Guillem4 episodiosClaudia TrujilloMoza festa3 episodiosJosé BarónCristóbal2 episodiosClara GriffithsVero2 episodios
Produción Os seis capítulos da miniserie Boca Norte foi rodada en xullo de 2018 na capital catalá. A súa narrativa transmedia permite ao público ver as contas dos personaxes en redes sociais e coñecelos a fondo. Amais, cada capítulo inclúe unha canción reivindicativa dunha cantante de trap, como son Fusa Nocta, D’ Valentina, Blondie ou La Fanny.
O 23 de decembro de 2018, durante o festival MiM Series no cine Verdi de Barcelona, estreouse a décimo terceira serie para a plataforma Playz de RTVE coa proxección dos dous primeiros capítulos. Tempo despois, Playz decidiu lanza algunhas das súas series con máis éxito en formato longametraxe, entre elas, Boca Norte. Dese xeito, a plataforma busca que esas historias se poidan ver dunha forma distinta.
+Equipo técnicoProdución executiva RTVEEugenio Saavedra, Carlos Mochales, Agustín AlonsoDirección de Contidos PlayzAlberto FernándezProdución executiva LaviniaRubén MayoralDirección Lavinia AudiovisualJordi FerreronsDirecciónDani de la Orden e Elena TrapéIdea orixinal e coordinación de contidosEva MorGuiónMiguel Ibáñez e Eva BaezaDirección produciónElisabet SánchezXefe de produciónAlbert MolinsDirección de fotografíaMiquel RubisDirección de arteAlbert UbachXefe de sonXavi SaucedoXefe de vestiarioVicente CampilloMaquillaxe/ PerrucaríaElisa AlonsoDirección de elencoLuci LenoxEfectos gráficos e especiaisBernat FontanalsMontaxeOriol PérezSintoníaJoan VilaFoto fixaCésar GorrizProdución transmediaAlberto Jiménez e Lola CarrascoCoreografíaBea Villabol
Crítica Segundo Watmag, medio especializado en contidos dixitais, é unha serie que debe verse debido a cinco factores: a música urbana e o seu fío condutor, a diversidade sen prexuízos, o realismo tras os diálogos, o feminismo e os problemas xuvenís. Por outra banda, Fuera de Series, páxina dedicada ás críticas, afirma que é unha serie que achega máis ao espectador a realidade das personalidades dos mozos en comparación ás series populares xuvenís emitidas anteriormente.
Premios Boca Norte foi premiada en 2019 co Premio Ondas ao mellor contido ou plataforma de emisión dixital na 66ª edición dos recoñecementos outorgados pola Cadena SER.
Notas
Ligazóns externas
Entrevista a Júlia Creus . Videoclip que pertence á serie da canción Yo soy yo . O elenco de Boca Norte recibe un dos Premios Ondas 2019 .
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Televisión Española Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión de España