Marc García Antonell, nado o 7 de marzo de 1996 en Manresa, Cataluña, é un xogador español de baloncesto profesional. Formado nas categorías inferiores do Sant Josep Obrer, do CTE Illes Balears e do Bàsquet Manresa, actualmente é axente libre despois de formar parte do elenco para a pretemporada do Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 1,98 m, xoga na posición de escolta.

Traxectoria Nado en Manresa, García formouse nas categorías inferiores do principal equipo da súa cidade natal, o Bàsquet Manresa. Porsteriormente pasou ao FC Barcelona B, onde disputou a súa primeira campaña como sénior (2012−13). No verán de 2014 volveu a Manresa cedido, dando os seus primeiros pasos na Liga ACB durante a temporada 2014−15. Despois dun ano en Manresa, volveu ao Barça B para disputar a temporada 2015−16 da LEB Ouro, liderando o equipo en anotación con 16,2 puntos por partido.

En xullo de 2016, García asinou un contrato de cesión co CB Sevilla da ACB por dous anos. Con todo, após o descenso do equipo andaluz, o Barcelona rescindiu o contrato de préstamo. Ese mesmo mes, García conseguiu a medalla de ouro no Campionato de Europa sub-20, gañando a final ante , sendo o xogador nomeado MVP do torneo. Após un ano en Barcelona, o 20 de xullo de 2018 García asinou un contrato por tres temporadas co Montakit Fuenlabrada, onde chega a destacar superando os 10 puntos de media por partido no segundo e no terceiro ano. Despois de finalizar o seu contrato asina co San Pablo, equipo co que goza de menos protagonismo e que acaba por descender á LEB Ouro. Despois de finalizar a súa temporada, asina co Río Breogán da Liga ACB para realizar a pretemporada co club.

Clubs Ao longo da súa carreira, García ten xogado para os seguintes equipos profesionais: FC Barcelona B (LEB Ouro, 2012–2014) La Bruixa D'Or Manresa (ACB, 2014−2015) FC Barcelona B (LEB Ouro, 2015–2016) Real Betis Energía Plus (ACB, 2016–2017) FC Barcelona B (LEB Ouro, 2017–2018) FC Barcelona (ACB / Euroliga, 2017) Baloncesto Fuenlabrada (ACB / Champions League, 2018−2021) San Pablo (ACB, 2021−2022) CB Breogán (Champions League, 2022− )

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en Proballers

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Manresa Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet B Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán