Jesús Juan Lema Lema, nado en Santiago de Compostela cara a 1910 e finado na mesma cidade o 22 de xullo de 1948, foi un practicante e político galego.

Traxectoria Practicante e corredor de comercio en Santiago de Compostela. Dirixiu o periódico satírico Ciclón (1934). Foi secretario do Recreo Artístico de Compostela.El Compostelano, 29-1-1936, p. 1. Militante de Unión Republicana, foi nomeado delegado da sección de prensa do grupo local de Compostela en xuño de 1935,El Pueblo Gallego, 23-6-1935, p. 21. e vicepresidente en xaneiro de 1936.El Compostelano, 13-1-1936, p. 2. En febreiro de 1936 foi nomeado delegado gobernativo,El Eco de Santiago, 20-2-1936, p. 2. e foi o encargado de destituír á corporación municipal de Compostela.El Ideal Gallego, 20-2-1936, p. 5. Na campaña do referendo do Estatuto participou nos mitins organizados polo Comité pro-Autonomía da zona de Santiago.El Compostelano, 18-6-1936, p. 2.El Ideal Gallego, 24-6-1936, p. 5.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 8 de agosto. Xulgado en consello de guerra o 19 de novembro xunto cos demais membros do Comité de Defensa da República de Compostela, José Germán Fernández, Manuel Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Luis Rastrollo González, Luís Martínez Nouche, José Maroño Calvo, Francisco Ponte Ces, Rafael Pardo Carmona, Fernando Domínguez Caamaño, Rafael Frade Peña e José Carnero Valenzuela, acusados de traizón, foron condenado a pena de morte.El Compostelano, 19-11-1936, p. 2. A Jesús e a José Carnero Valenzuela foilles conmutada a pena. Saíu en liberdade condicional en xullo de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.BOE, 15-9-1942, p. 3622. Finou en Compostela o 22 de xullo de 1948.La Noche, 22-7-1948, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1948