Xurxo Fernandes García, tamén coñecido como Jako el Muzicante, nado na Coruña, é un músico e investigador da música tradicional galega e sefardí.

Traxectoria miniatura|260x260px|Concerto na vila de Sada (2022) Durante os primeiros anos da década de 1990, movido por intereses lingüísticos, comezou a percorrer as aldeas galegas realizando traballos de recolla etnográfica. Entrou deste xeito en contacto co mundo das pandeireteiras rurais, mulleres de idade que posuían aínda viva na memoria toda a riqueza do patrimonio musical galego de tradición oral. Dedicouse a estes traballos de campo durante as dúas décadas seguintes. Un tempo no que tamén impartiu aulas de canto, baile e pandeireta por todo o país, dirixindo grupos de cantareiros en lugares como Tordoia,Teixeiro, ou A Coruña.

En 2013 formou con Henrique Peón, un dos referentes no mundo da investigación etnográfica galega, o grupo de música tradicional Radio Cos. Nesta formación os dous pandeireteiros uniron a experiencia de anos de recollidas, e con el percorreron escenarios de toda Europa. O grupo publicou dous traballos discográficos: Radio Cos no ano 2013 e Pasatempo en 2017, e foi un dos grupos galegos escollidos para participar na edición de 2016 da World Music Expo.

No 2017, con membros da asociación cultural coruñesa Xacarandaina, publicou o videoclip "Xunta en Corcubión". Un traballo no que lembra a histórica viaxe do musicólogo estadounidense Alan Lomax a Galiza no ano 1952. Tamén no eido da música máis tradicional, Xurxo publicou en 2019, acompañado polo músico Pedro Lamas, o EP Altaplana, coa súa versión de catro prezas da música popular.

Jako el Muzicante De xeito paralelo aos seus traballos de campo galegos, comezou o seu interese por outras culturas minorizadas, especialmente pola lingua e a música serfardí. Iniciou daquela unha investigación que o levou a percorrer diversos países da conca do Mediterráneo, principalmente os pertencentes noutrora ao Imperio Otomán. Nestas pescudas achou evidentes ligazóns entre a tradición oral destes países e a galega. Uns vínculos nos que xa tiñan reparado outros investigadores da música galega de raíz como Mercedes Peón ou Dorothé Schubarth.

Coa bagaxe destas investigacións, Xurxo creou un alter-ego: Jako el Muzicante. Un artista inspirado nunha personaxe real que percorreu os cafés amán nos anos vinte do século XX. Como Jako publicou en 2019 o libro-disco “Ven al Luna Park”.

Levaino En 2021, uniu nun traballo as súas dúas facianas artísticas, a galega e a oriental. No seu novo disco, titulado "Levaino!", mestúranse pezas recollidas en Coristanco, A Mezquita ou Tordoia, con outras procedentes de Bulgaria, Turquía, Marrocos ou Israel. Neste disco, e nas súas actuacións, participa o grupo Pandeireteiras Sen Fronteiros (Pan Sen Fron). Unha formación musical formada por Xurxo e o seu alumnado en 2014, a partir das aulas impartidas no C.S. Gomes Gaioso de Monte Alto.

Discografía miniatura|260x260px|Portada do segundo traballo de Radio Cos: Pasatempo.+TítuloDetallesVideoclipRadio Cos con Radio Cos. Lanzamento: 2013. Formato: CD, Albúm. Sete Cuncas (2013).Pasatempocon Radio Cos. Lanzamento: 2017. Formato: CD.Altaplanacon Pedro Lamas. Lanzamento: 2019. Formato: EP.Ven al Luna Parckcomo Jako el Muzicante. Lanzamento: 2019. Formato: Libro-CD.Levaino con Pan Sen Fron. Lanzamento: 2021. Formato: CD, Dixital. Levaino (2021). O piollo malvado (2022). Notas

Véxase tamén

Interview with Jako el muzicante. World Music Central (en inglés). (10/08/2020) Jako el Muzikante, el eterno sefardita errante. Nueva Tribuna (en castelán). (12/07/2020)

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia