Calidris virgata é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

É unha limícola que cría en Alasca e inverna nas costas do Pacífico de América do Norte e Suramérica.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1879 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin, baixo o nome de Aphriza virgata.Calidris virgata Gmelin, 1789 no GBIF. Consultado o 5 de setembro de 2022. Calidris virgata (J. F. Gmelin, 1789) na BioLib. Consultada o 5 de setembro de 2022.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Aphriza virgata (Gmelin, 1789) Tringa virgata Gmelin, 1789 (protónimo)

Nota taxonómica A especie foi descrita, como quedou dito, polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin en 1789, a partir dun exemplar recollido no Prince William Sound (Seo do príncipe Guillerme) durante a visita do capitán James Cook a Alasca en 1788.Senner, S. & McCaffery, B. (1997): "Surfbird (Calidris virgata)". The Birds of North America Online. Ithaca: Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 7 de setembro de 2022. Gmelin situou orixinariamente á especie no xénero Tringa, pero foi trasladada en 1839 a un xénero monotípico, Aphriza, polo naturalista estadounidense John James Audubon. Durante moito tempo pensouse que a especie estaba ligada aos virapedras, e situouse na subfamilia dos arenariinos. Jehl, Joseph R. (1968): "The Systematic Position of the Surfbird, Aphriza virgata". The Condor 70 (3): 206–210. (PDF).Van Gils, J.; Wiersma, P. & Kirwan, G. M. (2017). En: del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A. & de Juana, Eduardo (eds.) "Surfbird (Calidris virgata)" en Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. Nos virapedras foi considerado como o único membro da súa propia familia. Datos máis recentes suxiren que está xeneticamente moi próximo aos virapedras máis grandes e que debería incluírse no xénero Calidris.Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A. & Székely, Tamás (2004): "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evol. Biol. 4: 28. (Texto completo). A especie é monotípica, é dicir, que non ten subespecies.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

J. del Hoyo, A. Elliott & J. Sargatal (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. BirdLife International, Cambridge, Reino Unido e Lynx Edicions, Barcelona. España. ISBN 978-8487-334-20-7.

Ligazóns externas Informacións sobre a especie en Seattle Audubon Society's BirdWeb .

Categoría:Escolopácidos