Manuel Brea Porto, nado na Estrada o 21 de marzo de 1942, é un mestre e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Brea Vilas. Mestre en Forcarei, foi concelleiro de Forcarei dende 1967, foi primeiro tenente alcalde con Francisco Filgueiras Gulías dende 1970. Foi nomeado alcalde de Forcarei en 1974. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da Agrupación Electoral de Forcarei (AEF) e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Converxencia de Independientes de Galicia e volveu ser elixido alcalde por maioría absoluta. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Independentes de Galicia e volveu repetir a maioría absoluta. Nas municipais de 1991 e 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Foi deputado provincial (1979-1983).
Recoñecementos
Foi nomeado alcalde honorario de Forcarei en 2000.La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 29-7-2000, p. 6. Vida persoal
Casou con María Luz Sofía Constenla Garrido. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Forcarei
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Alcaldes de Forcarei
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1942