Nadir Eraldo Prates, coñecido como Laerte III, nado en São Gabriel, Río Grande do Sur, o 2 de xuño de 1933 e finado en Porto Alegre o 2 de xullo de 2016, foi un futbolista brasileiro, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria Comezou a súa carreira como futbolista no Cruzeiro de Belo Horizonte en 1951. Alí comezou a ser chamado Laerte III, como sucesor no medio do campo do equipo mineiro de Laerte Cunha (Laerte I) e Alfredo Laerte de Oliveira (Laerte II). Tamén coincidiu no equipo co seu irmán Marco Antônio, alcumado Laerte IV. En 1953 realizou co equipo unha xira por Europa e Asia, disputando partidos contra importantes clubs como o Real Madrid. O Cruzeiro conseguiu empatar sen goles co equipo madrileño, nun encontro no que a Laerte lle tocou marcar a Di Stéfano.
Tralo regreso da viaxe fichou polo Vasco da Gama, no que xogou durante a seguinte década completa, conquistando varios títulos, entre eles dous Campionatos Cariocas. Posteriormente xogou no Portuguesa do Río de Xaneiro, no Independiente de Santa Fe de Bogotá, no Junior de Barranquilla e no Deportivo Lara venezolano, no que rematou a súa carreira en 1971.
Vida persoal Foi pai dos tamén futbolistas Jair Gonçalves Prates, alcumado "o Príncipe Jajá" e Marcelo Prates.
Notas
Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Cruzeiro EC Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do Club Independiente de Santa Fe Categoría:Xogadores do Corporación Popular Deportiva Junior