O Calcio Padova, coñecido simplemente como Padova, é un club de fútbol italiano con sede en Padua, que milita na Serie C. Fundado en 1910 e refundado en 2014, xogou durante 16 tempadas na Serie A, a última delas na campaña 1995/96. As cores do equipo son o branco e o vermello.
Historia O club viviu a súa época dourada a finais da década de 1950, cando, dirixido por Nereo Rocco, alcanzou o terceiro posto da Serie A na tempada 1957/58, liderado no ataque polo goleador sueco Kurt Hamrin. Trala marcha deste, Sergio Brighenti e Aurelio Milani tomaron a súa remuda na dianteira, e o equipo mantívose na máxima categoría ata 1962. O club pasou o resto da década de 1960 na Serie B antes de sufrir un serio declive, do que non se repuxo ata os anos 80. Con todo, a pesar de ser un equipo de segunda, deu a sorpresa en 1967 acadando a final da Copa Italia, onde se enfrontou ao Milan. O triunfo foi para o equipo lombardo, cun solitario gol de Amarildo.
Tras varios ascensos e descensos entre Serie B e a Serie C, o Padova regresou á Serie A en 1994 despois de 32 anos de ausencia. O equipo conseguiu manter a categoría unha campaña, pero na seguinte volveu caer á Serie B, e nos seguintes anos sufriu dous novos descensos ata a Serie C2. Non foi ata 2009 cando volveu acadar a Serie B.
Na tempada 2013/14 da Serie B, o Padova descendeu despois de rematar 20º, e o 15 de xullo de 2014, o equipo non se inscribiu no campionato da Lega Pro 2014/15. En abril de 2015, a entidade foi liquidada.
Biancoscudati Padova O club foi refundado no verán de 2014, co nome de Società Sportiva Dilettantistica a r.l. Biancoscudati Padova, trala non inclusión do Calcio Padova na Lega Pro nin na Serie D. O 19 de abril de 2015, grazas a unha vitoria por 1-2 contra o Legnago, o equipo logrou o ascenso á Lega Pro. O 5 de xuño de 2015 cambiou o seu nome a Biancoscudati Padova Spa e un mes despois recibiu un novo nome, Calcio Padova Spa, despois de que o antigo Calcio Padova cambiase o seu nome a Football Padova Spa – società in liquidazione.
En total, o Calcio Padova participou en 11 campionatos da Prima Divisione / Divisione Nazionale entre 1914 e 1929 (obtendo como mellor lugar o terceiro posto na campaña 1922/23) e 16 campionatos da Serie A entre 1929 e 1996 (cun 3º posto como mellor resultado na tempada 1957/58). Disputou ademais 34 campionatos da Serie B (proclamándose campión no de 1947/48). ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fb/Vincenzo_Italiano_Padova.jpg/250px-Vincenzo_Italiano_Padova.jpg|dereita|miniatura|375x375px|Vincenzo Italiano, ex capitán do Padova.ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2d/Biancoscudati_Padova_logo.png/150px-Biancoscudati_Padova_logo.png|miniatura|212x212px|O escudo utilizado na tempada 2014/15. Palmarés
Serie B (1): 1947/48.
Serie C (1): 1936/37, 2017/18.
Serie C2 (2): 1980/81, 2000/01.
Serie D (1): 2014/15.
Copa Italia Serie C (2): 1979/80, 2021/22. Supercopa de Serie C (1): 2018.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web oficial . Datos do club no sitio web da Serie A . Datos do club en Transfermarkt . Museo do Calcio Padova .
Categoría:Equipos de fútbol de Italia Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1910