Tringa é un xénero de aves da orde dos caradriformes e familia dos escolopácidos coñecidas vulgarmente como biluricos.bilurico no Dicionario da RAG.

Son aves mariñas caracterizadas por teren un longo pico e unhas patas tamén longas e coloradas.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Tringa Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 7 de setembro de 2022.Tringa Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 7 de setembro de 2022.

Etimoloxía O nome científico Tringa tirouno Linneo do grego antigo τρύνγας trýngas, o nome de certa ave.Tringa no Merriam-Webster Dictionary.Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.Aldrovandi, Ulisse (1603): Vlyssis Aldrovandi philosophi ac medici Bononiensis historiam naturalem in gymnasio Bononiensi profitentis, Ornithologiae . Vol. 3. Bononiae (Boloña, Italia): Franciscum de Franciscis Senensem. pp. 480–483, Lib. 20, Cap. 54.

Sinónimos Ademais de polo nome que lle deu Linneo, e que é o actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Aegialodes Heine & Reichenow, 1890 Catoptrophorus Bonaparte, 1827 Erythroscelis Giebel, 1874 Erythroscelus Kaup, 1829 Glottis Koch, 1816 Heteractitis Stejneger, 1884 Heteroscelus Baird, 1858 Iliornis Kaup, 1829 Nea Billberg, 1828 Rhyacophilus Kaup, 1829

Especies No xénero recoñécense as especies seguintes:F. Gill & D. Donsker: Family Scolopacidae na IOC World Bird List (Versión 9.2) da Unión Ornitolóxica Internacional, 2019. Consultada o 7 de setembro de 2022. Tringa ochropus Linnaeus, 1758 Tringa solitaria A.Wilson, 1813 Tringa incana (J.F.Gmelin, 1789) Tringa brevipes (Vieillot, 1816) Tringa flavipes (J.F.Gmelin, 1789) Tringa semipalmata (J.F.Gmelin, 1789) Tringa totanus (Linnaeus, 1758) Tringa stagnatilis (Bechstein, 1803) Tringa glareola Linnaeus, 1758 Tringa erythropus (Pallas, 1764) Tringa nebularia (Gunnerus, 1767) Tringa guttifer (Nordmann, 1835) Tringa melanoleuca (J.F.Gmelin, 1789)

Nota taxonómica O xénero actual incluía antigamente, ademis das espeies de Tringa, a moitas do xénero Totanus, ben como subxéneros ou como xéneros completos. Os datos das secuencias de ADN dispoñíbeis suxiren, porén, que ningún deles é monofilético e que este último simplemente agrupa un número de especies apomórficas máis ou menos relacionadas. Polo tanto, parece inxustificado recoñecer a Totanus mesmo como un subxénero, polo momento.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ballmann, Peter (1969): "Les Oiseaux miocènes de la Grive-Saint-Alban (Isère)". Geobios 2: 157–204. Pereira, Sérgio Luiz & Baker, Alan J. (2005): "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526.

Outros artigos Caradriformes Escolopácidos

Categoría:Escolopácidos Categoría:Taxons descritos por Linné