Aléxandros Papagos (Αλέξανδρος Παπάγος), nado en Atenas o 9 de decembro de 1883 e finado en Atenas o 4 de outubro de 1955, foi un mariscal de campo grego, que comandou o exército grego na guerra ítalo-grega, así como nas últimas etapas da Guerra Civil Grega. Posteriormente converteuse en primeiro ministro do seu país.

Biografía

Inicios e carreira militar Papagos naceu nunha familia acomodada, en Atenas, en 1883.Higham e Veremis (1993), p. 8 Grazas á súa orixe e aos contactos coa corte logrou ser enviado a estudar na academia de cabalaría de Bruxelas. En 1906 uniuse ao exército grego. A súa lealdade á monarquía durante a crise entre Eleftherios Venizelos e os monarcas levoulle a ser expulsado polos partidarios do primeiro en 1917.Higham e Veremis (1993), p. 9 O cambio de fortuna dos dous bandos políticos fixo que fose readmitido en 1920, tras a derrota electoral de Venizelos.

Posguerra Participou na fracasada campaña de Asia Menor, sendo de novo expulsado en 1923 tras o seu intento infrutuoso de pronunciamento para tratar de eliminar das forzas armadas os elementos antimonárquicos. En 1927 e grazas ao acordo temporal entre venicelistas e antivenicelistas puido regresar ao Exército.

Restauración monárquica A súa participación foi notable na restauración da monarquía en 1935 e foi nomeado ministro de Asuntos Militares no gabinete de Konstantinos Demertzis. Substituído polo rei Xurxo á fronte do ministerio por Ioannis Metaxas tras as eleccións de 1936, isto frustrou as súas ambicións de exercer de intermediario entre as forzas armadas e o soberano.

Comandante en xefe e a guerra mundial Ao longo dos anos escalou varios postos até chegar a comandante en xefe, e comandou as forzas gregas contra a invasión italiana de outubro de 1940. Repeleu o primeiro avance italiano e obrigou ao Exército italiano a replegarse a Albania. Metaxas, a diferenza do rei, desconfiaba da capacidade de Papagos e mantívoo na capital gran parte da campaña, que tivo que dirixir desde Atenas. Metaxas influíu nas decisións militares até a súa morte en xaneiro de 1941. A pesar de que un segundo ataque tamén foi rexeitado, Alemaña entrou na guerra a comezos de abril, e os gregos foron derrotados e obrigados a capitular.

Papagos foi arrestado e enviado a un campo de concentración en 1943, sendo devolto ao país en 1945.

A guerra civil e á fronte do goberno En 1949 foi novamente el quen comandou ao exército grego contra as forzas comunistas. En 1952 foi elixido primeiro ministro, cargo que desempeñou até o día da súa morte.

Notas e referencias

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Nados en Atenas Categoría:Militares de Grecia Categoría:Políticos de Grecia Categoría:Primeiros ministros de Grecia