Guido Veroi, nado en Roma o 16 de novembro de 1926 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 2013, foi un escultor, gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.
Traxectoria Guido Veroi estudou medallística da man do mestre Pietro Giampaoli na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado."Guido Veroi". http://mebnet.altervista.org
Aínda que as súas obras máis frecuentes e recoñecidas son moedas e medallas,Gimeno Marco, F. (1979). "Ejemplos de medallas de Guido Veroi, singular medallista". En Goya. Revista de Arte. Nº 151. Páxinas 9-11. ISSN 0017-2715Catálogo de moedas e medallas deseñadas por Veroi . Numismatica-italiana.lamoneta.it é tamén autor de traballos tan diversos como vidreiras, mosaicos, cerámica e pezas de bronce. En Martina Franca, Tarento, traballou no mosaico e na vidreira da igrexa parroquial da Sagrada Familia."Santa Famiglia. 40 anni di storia: la chiesa, il mosaico, la radio". En Lo Stradone. 19 de novembro de 2012. miniatura|114x114px|Reverso da moeda de 500 liras de 1958."500 Lire (silver)". Numista.com A súa obra máis recoñecida é a moeda de 500 liras de prata de 1958, creada en conxunto con Pietro Giampaoli. En tanto que este último creou o seu anverso, Veroi é o autor do reverso, caracterizado pola representación das carabelas de Colón. miniatura|269x269px|Moeda de 500 liras do centenario da unificación italiana (1961)."500 Lire Unification Centennial". Numista.com Nunha nova colaboración co Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, Veroi creou outra das súas moedas máis significativas, a de 500 liras de 1961 conmemorativa do centenario da unificación italiana, da que se ocupou tanto do anverso como do reverso.
Outros dos seus traballos salientables máis recentes son a moeda de 20 liras de 1981 conmemorativa do Día Internacional da Alimentación da FAO,"200 Lire FAO - World Food Day". Numista.com así como o anverso da serie de moedas en euros do Vaticano de 2002 coa efixie de Xoán Paulo II, creado xunto con Uliana Pernazza."2 Euro - Ioannes Paulus II". Numista.com Geroi foi tamén autor de diversas moedas, tanto circulantes como conmemorativas, para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.Wartemberg, U. (2014). Moedas deseñadas por Guido Veroi. Numista.com
Guido Veroi finou en Roma aos 86 anos o 16 de xaneiro de 2013, na súa casa de Roma."Morto lo scultore Guido Veroi". Artslife.com. 22 de xaneiro de 2013"E’ morto lo scultore Guido Veroi". ViP.it"E' morto a Roma Guido Veroi. Realizzò la Medaglia di San Giuliano". En ChronacheMaceratesi.it. 24 de xaneiro de 2013.
Recoñecementos
(1983): Premio Sanford Saltus de Medalla, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Saltus Medal Award ". American Numismatic Society.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Wartemberg, U. (2014). "Obituary Guido Veroi, 1926-2014 [sic]". En ANS Magazine. American Numismatic Society.
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Roma Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes