Maria Carmela Colaneri, nada en Roma o 10 de febreiro de 1963, é unha gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.
Traxectoria Maria Carmela Colaneri cursou estudos de medallística na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado."Maria Carmela Colaneri". Mebnet.altervista.org
Logo do seu período formativo entrou a formar parte do cadro de gravadores do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, onde comezou a deseñar e gravar medallas e moedas dun xeito profesional.
Obra miniatura|145x145px|Anverso dos 2 euros de 2002 co busto de Dante."Italia: 2 Euro". Numista.com Colaneri é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e a República de San Marino.Catálogo de moedas deseñadas por Maria Carmela Colaneri. Numista.com
Entre as súas obras máis populares está o anverso nacional italiano da moeda de dous euros que reproduce o retrato de Dante Alighieri pintado por Rafael.
É de destacar tamén a súa moeda de 500 liras conmemorativa —non circulante— sobre a "flora e fauna de Italia", que foi galardoada co premio á mellor moeda do ano 1992."500 Lire Flora & Fauna". Numista.comScarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. Páxina 63. ISBN 978-1-4402-4476-6
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Ligazóns externas
Vídeo: "Le creazioni artistiche di Maria Carmela Colaneri alla Zecca di Stato" Vídeo: "Le tecniche della coniatura e le eccellenze italiane del settore" Vídeo: "L'iconografia di Dante e la moneta circolante da 2€"
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Roma Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes