Klippan é un concello sueco (kommun) do condado de Escania. A súa capital é Klippan. En decembro de 2024 o concello tiña unha poboación de 17 714 habitantes.

No suroeste atópase o macizo tectónico de Söderåsen e ao sueste varios restos de volcáns. Os bosques caducifolios e de coníferas e os campos pequenos conforman a partes norte e leste do concello. A principios da década de 2020 a economía local estaba dominada por pequenas e medianas empresas.

Dende que se fundou o concello a súa poboación mantívose estable ao redor dos 16 000 habitantes. A partir do ano 2015 a poboación medrou ata superar os 17 800 habitantes. Despois das eleccións da década de 2010 o municipio tivo gobernos de coalición cambiantes.

Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Färingtofta, Gråmanstorp, Källna, Riseberga, Vedby, Västra Sönnarslöv e Östra Ljungby. Nesas parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

A localidade municipal de Klippan estableceuse o 22 de xaneiro de 1887 no concello rural de Gråmanstorp. Todo o municipio foi reorganizado en 1945 no köping de Klippan. A localidade municipal de Ljungbyhed creouse o 21 de decembro de 1934 e desapareceu a finais de 1962.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse os grandes concellos de Riseberga (dos anteriores concellos rurais de Färingtofta e Riseberga) e Östra Ljungby (de Källna, Össjö e Östra Ljungby) ao mesmo tempo que os municipios rurais de Vedby e Västra Sönnarslöv fusionáronse ao köping de Klippan.

O actuall municipio de Klippans naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping de Klippan. En 1974 foron incorporados o concello de Riseberga e partes do de Östra Ljungby (as parroquias de Källna e Östra Ljungby).

Xeografía O concelo de Klippan limita con outros sete concellos de Escania, Örkelljunga ao norte, Perstorp ao leste, Höör ao sueste, Eslöv e Svalöv ao sur, Åstorp ao suroeste e Ängelholm ao oeste.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania