A tempada 2017-2018 da Naisten Liiga foi a 36ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 16 de setembro de 2017 e concluíu o 4 de marzo de 2018. Pola súa banda os play-offs comezaron o 6 de marzo de 2018 e finalizaron o 4 de abril coa disputa do cuarto partido das finais.
Ao finalizar a tempada as Kärpät revalidaron o título conquistado a tempada precedente logo de derrotar nas finais (1-3) ao Ilves, proclamándonse campioas por terceira vez na súa historia. Pola súa banda o Team Kuortane fixo historia ao conseguir a súa primeira medalla logo de derrotar ás Blues en Espoo (0-5) no partido polo bronce.
Nesta edición participaron un total de oito equipos e non se produciron descensos ao ampliarse a liga ata os dez equipos para a tempada 2018-19 ascendendo os dous mellores equipos da Mestis.
Movementos na liga Cambio de denominación O 21 de marzo de 2017 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo (Suomen Jääkiekkoliitto) anunciou que para a seguinte tempada "Naisten Liiga" pasaría a ser a denominación da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, co obxectivo de elevar o perfil das grandes ligas femininas, ao adoptar a mesma denominación que a liga profesional masculina, denominada simplemente Liiga. O novo nome, así como o logotipo da competición foron presentados en Helsinqui ese mesmo día.
Regreso de Espoo Blues Logo de que o máximo responsable do Espoo United, Jussi Salonoja, anunciara que o club abandonaría todas as súas actividades en categoría feminina, o futuro do equipo feminino de hóckey sobre xeo mantívose incerto e propuxéronse moias solucións posibles, incluída a adquisición do equipo por parte do HIFK ou a fusión con Espoo Blues Juniorit (un club júnior con fortes vínculos coa franquía).
Finalmente, a menos de dúas semanas para o inicio da competición a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que outorgaría a praza do Espoo United a Ysikoppi ry, un equipo de hóckey sobre xeo feminino que pasou a competir na máxima categoría baixo a denominación de "Espoo Blues", que xa fora empregada polo equipo representativo entre 1998 e 2016, así como polo equipo profesional masculino da cidade de Espoo que competiu na máxima categoría ata a súa disolución por motivos económicos en 2016.
Mudanzas nos corpos técnicos + Equipo 2016–17 2017–18 DetallesPretempadaKJTJuho OutavaaraaMikko TouronenA finais de abril de 2017 anunciábase que Juho Outavaaraa deixaría de ser o adestrador do KJT para a tempada 2017-18. Outavaaraa fora o adestrador xefe do equipo entre 2015 e 2017, o que o converteu no adestrador máis lonxevo do club. Mikko Touronen pasou a ocupar o posto a partir do primeiro de maio. Touronen viña de dirixir distintos equipos júnior masculinos dos Karhu-Kissat de Helsinqui.
O caso de María Chávez O 16 de xaneiro de 2018 o portal finlandés especializado en hóckey sobre xeo Jatkoaika.com informaba de que o Servizo Finlandés de Inmigración deportara a xogadora mexicana do KJT María Chávez logo de negarlle o permiso de residencia no país. O KJT ao mesmo tempo perdía a súa outra dianteira mexicana, Bertha González, cuxa solicitude do permiso de residencia aínda estaba en proceso no momento da deportación de Chávez pero que decidiu viaxar xunto coa súa compatriota. A decisión do Servizo Finlandés de Inmigración levou ao KJT a iniciar unha iniciativa cidadá para mudar a lei de inmigración do país e así facilitar que atletas de fóra de Europa puidesen xogar e adestrar sen precisar dun contrato de traballo durante a súa estadía no país nórdico.
Estrutura da tempada miniatura|O Tesoman jäähalli, no distrito de Tesoma (Tampere), foi o escenario do torneo de abertura da competición (avausturnaus). A tempada 2017-18 comezou co "avausturnaus" (en galego "torneo de abertura") no Tesoman jäähalli de Tesoma (Tampere), disputado durante o sábado 16 e o domingo 17 de setembro de 2017, e no que se reuniron todos os equipos participantes na liga, o que supuxo dous xogos adicionais ao calendario da liga. O torneo naceu para darlle unha maior visibilidade á liga para poder conseguir un público maior e maiores investimentos económicos que puideran mellorar as condicións das xogadoras, dentro da estratexia da dirección do hóckey feminino, creada na tempada precedente do campionato finlandés por representantes dos clubs e da federación, de facer a competición máis atractiva e competitiva, reunindo talento autóctono e foráneo.
A liga constou dunha liga regular iniciada co "torneo de abertura" e finalizada o 4 de marzo de 2018, na que se xogaron un total de 30 partidos, o que supuxo que cada equipo enfrontouse contra o resto a cuádrupla volta, ademais dos dous partidos disputados na fin de semana inicial.
Ao finalizar a liga regular os seis primeiros clasificados disputaron os play-offs. Os dous primeiros equipos da táboa clasificáronse directamente para as semifinais, mentres que os catro restantes tiveron que disputar os cuartos de final. Todas as eliminatorias disputáronse ao mellor de cinco partidos, agás a loita pola medalla de bronce entre os equipos perdedores das semifinais, que se disputou a partido único.
Os dous últimos clasificados non tiveron que disputar fase de permanencia, xa que a liga ampliou o número de equipos participantes ata os 10 para a tempada 2018-19 ascendendo aos dous mellores equipos da Mestis.
Equipos participantes Na primeira tempada baixo a denominación de Naisten Liiga tomaron parte na competición un total de oito equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, cando a competición aínda era denominada Naisten SM-sarja. Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (Blues e KJT), o resto de equipos eran das rexións de Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Satakunta, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa. Cinco dos equipos participantes compartían os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HPK, Ilves, KalPa, Kärpät e Lukko).
NomeCidadeEstadioAdestrador/aCapitáBlues12px EspooTapiola 2Sami HaapanenMinnamari TuominenHPK12px HämeenlinnaHML hhMarko RahikainenJutta StoltenbergIlves12px TampereTesoman jäähalliMari SaarinenLinda VälimäkiKalPa12px KuopioNiiralaMarjo VoutilainenJohanna JuutilainenKJT12px KeravaKeravan jäähalliMikko TouronenJohanna KemppainenKärpät12px OuluRaksilaMira KuismaIsa RahunenLukko12px RaumaRauma 1Rauma 2Hannu RoosTiia KoskinenTeam Kuortane12px KuortaneKuortaneen jäähalliJari RiskuSini Karjalainen
Liga regular A tempada da Naisten Liiga comezou co torneo de abertura celebrado no Tesoman jäähalli de Tampere, que abriu de novo as súas portas logo de dous anos nos que foi demolido por problemas de humidades e reconstruído conn capacidade para unhas 1 500 persoas. O partido inaugural enfrontou ás xogadoras locais do Ilves co HPK de Hämeenlinna, que se decidiu do lado das visitantes 2-4. O primeiro gol da liga coa súa nova denominación foi obra de Anniina Kaitala no minuto 12:51.
O HPK foi o primeiro equipo en encabezar a competición logo de gañar os seus dous encontros do torneo de abertura, sendo o único equipo que foi quen de sumar tres puntos en cada un dos partidos do torneo. Con todo, logo do parón internacional de outubro e da disputa dos seis primeiros encontros foron as xogadoras do Kärpät e do Ilves as que se fixeron co mando da liga regular, que mantiveron logo de superar o ecuador da tempada, se ben o Ilves contaba cunha ampla vantaxe sobre as xogadoras de Oulu.
Entre o 10 e o 22 de febreiro de 2018 tiveron lugar os Xogos Olímpicos de Inverno na cidade surcoreana de Pyeongchang, polo que 12 xogadoras se ausentaron da competición ligueira para xogar coa selección finlandesa, que acabaría por colgarse a medalla de bronce, aínda que moitas xogadoras uníronse aos seus equipos de inmediato para disputar os derradeiros enfrontamentos da liga regular.
Logo de 28 partidos xogados o Ilves asegurouse a primeira posición da táboa na liga regular aproveitando tamén a derrota das Kärpät na casa fronte o Team Kuortane. Deste xeito as de Tampere entraron nas series polo título directamente nas semifinais. Finalmente, á conclusión da liga regular a loita pola segunda posición entre as Espoo Blues e as Kärpät decantouse do lado das de Oulu. A clasificación final amosou unha clara distinción entre os equipos clasificados para as series e os dous últimos clasificados, xa que o sétimo clasificado (Lukko, que conseguiu o obxectivo de non finalizar na derradeira posición) tan só conseguiu 9 puntos, isto é 38 puntos menos que o equipo que o precedeu na táboa (KalPa), e o pechacancelas KJT conseguiu tan só 3 puntos, mentres que entre o primeiro e o sexto houbo unha diferenza de 28 puntos, que se reduciron a 9 con respecto do terceiro, 6 co cuarto, e 5 co quinto clasificado.
Durante a liga regular Riikka Noronen converteuse na máxima puntuadora histórica do campionato feminino finlandés ao superar os 600 puntos, mentres que Johanna Koivula superou a barreira dos 500 partidos xogados e os 200 goles anotados.
Fonte: Leijonat.fi
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1Ilves 30 21 5 2 2 139 41 +98 752Kärpät 30 17 4 3 6 147 62 +85 623Blues 30 16 2 4 8 125 74 +51 564HPK 30 16 1 3 10 87 66 +21 535Team Kuortane 30 17 0 1 12 102 73 +29 526KalPa 30 14 2 1 13 112 92 +20 477Lukko 30 3 0 0 27 34 155 -121 98KJT 30 2 0 0 28 24 207 -183 6
Resultados
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación Ao final da liga regular Linda Välimäki (Ilves) liderou a táboa de puntuadoras da liga cun rexistro de 30 goles e 28 asistencias para un total de 58 puntos, catro máis que a súa compañeira de equipo Riikka Noronen e seis máis que Saija Tarkki (Kärpät), segunda e terceira máximas puntuadoras respectivamente. A seguintes dez xogadoras lideraron a liga regular en puntos:
XogadoraEquipo1Linda VälimäkiIlves 25 30 28 58 82Riikka NoronenIlves 29 24 30 54 203Saija TarkkiKärpät 28 19 33 52 204Niina MäkinenKärpät 29 23 24 47 225Tanja NiskanenKalPa 24 20 24 44 376Saila SaariKärpät 26 18 26 44 47Elisa HolopainenKalPa 28 17 25 42 68Jenniina NylundTeam Kuortane 30 23 16 39 149Matilda NilssonKalPa 27 21 18 39 2010Anniina KaitalaHPK 30 17 20 37 20
Porteiras Ao final da liga regular Vilma Vaattovaara (Ilves) foi a porteira coa mellor porcentaxe de paradas cun 94,5%. Vaattovaara foi a terceira porteira que máis tempo permaneceu no xeo por detrás de Jenna Silvonen (Blues) e Meeri Räisänen (HPK, que foi a segunda mellor porteira en porcentaxe cun 94,1%). Con todo, foi Jenna Silvonen a porteira que máis veces conseguiu finalizar un partido sen encaixar un gol (shutout) cun total de seis partidos, e a que máis partidos xogou cun total de 28. As seguintes dez porteiras lideraron a liga regular en porcentaxe de paradas:
Xogadora Equipo 1Vilma VaattovaaraIlves 211232:19 15 1 494 29 5 94,5 1,412Meeri RäisänenHPK 231366:24 12 10 780 49 4 94,1 2,153Tiia PajarinenTeam Kuortane 14807:57 7 5 391 28 5 93,3 2,084Johanna OksmanKärpät 13733:46 8 4 305 22 4 93,3 1,805Jenna SilvonenBlues 281634:11 14 8 815 62 6 92,9 2,286Iina KuuselaKalPa 191047:18 8 7 648 53 2 92,4 3,047Katriina SaarenmaaLukko 11590:41 1 8 470 46 1 91,1 4,678Oona MäkiTeam Kuortane 10598:57 6 4 246 25 2 90,8 2,509Tiina RanneKalPa 15761:18 7 7 372 38 2 90,7 2,9910Susanna AiraksinenKärpät 12724:21 7 3 273 28 4 90,7 2,32
Play-offs Fonte: Leijonat.fi
Cuartos de final HPK (4) vs Kuortane (5)