Athena é un filme francés de 2022 dirixido por Romain Gavras. Está protagonizado por Dali Benssalah, Sami Slimane, Anthony Bajon, Ouassini Embarek e Alexis Manenti, entre outros. O filme estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde competiu polo León de Ouro. Estreouse en liña a través de Netflix o 23 de setembro de 2022, onde conta con versión substitulada en galego.

Personaxes Dali Benssalah como Abdel Sami Slimane como Karim Anthony Bajon como Jérôme Ouassini Embarek como Moktar Alexis Manenti como Sébastien

Produción O filme é unha coprodución de Iconoclast e Lyly. Foi rodado en 2021 no suburbio parisiense de Évry-Courcouronnes. Conta con diálogos en francés e árabe.

Estrea O filme estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia. Distribuído por Netflix, estreouse en cinemas escollidos o 9 de setembro de 2022, e estreouse en liña o 23 de setembro de 2022.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego