O Sportklub Rapid Wien, coñecido como Rapid Viena, é un club de fútbol austríaco con sede en Viena. Fundado en 1897, é o club máis laureado da Bundesliga austríaca, con 32 títulos, incluída a edición inaugural na tempada 1911/12. Ademais gañou 14 veces a Copa de Austria e trala anexión de Austria pola Alemaña nazi, proclamouse vencedor do campionato alemán de 1941. O Rapid chegou en dúas ocasións á final da Recopa de Europa, en 1985 e 1996, perdendo en ambas as ocasións. Disputa os seus partidos como local no estadio Gerhard Hanappi, en Hütteldorf, no distrito vienés de Penzing.

Historia ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Rapid_1898.jpg/300px-Rapid_1898.jpg|dereita|miniatura|300x300px| O 1. Arbeiter FC en 1898. O club foi fundado en Viena en 1897 co nome de Erster Wiener Arbeiter-Fußball-Club ("Primeiro Club de Fútbol Obreiro de Viena"). As cores orixinais do equipo eran o vermello e o azul, que o club aínda adoita usar a miúdo nos partidos como visitante. O 8 de xaneiro de 1899 recibiu o seu actual nome de Sportklub Rapid Wien, seguindo o exemplo do Rapide Berlin. En 1904 as cores do equipo foron cambiadas a verde e branco. O club gañou o primeiro campionato nacional de Austria na tempada 1911/12 por un só punto, e revalidou o título na tempada seguinte. Período de entreguerras O Rapid foi o club dominante do fútbol austríaco durante o período de entreguerras, unha época na que Austria era unha das principais nacións futbolísticas do continente europeo. Entre 1919 a 1921 gañou tres campionatos consecutivos. Despois da anexión de Austria pola Alemaña nazi en 1938, o Rapid uniuse ao sistema de fútbol alemán, xogando na primeira división rexional Gauliga Ostmark xunto con clubs como o Wacker Wien e o Admira Vienna. En 1938, o Rapid proclamouse campión da Tschammerpokal, predecesora da actual DFB-Pokal, en cunha vitoria por 3-1 sobre o FSV Frankfurt, e en 1941 conquistou o campionato alemán ao derrotar na final ao Schalke 04, o mellor club alemán da época. O equipo foi capaz de remontar un 3-0 adverso na parte final do partido, con catro goles en 11 minutos, tres deles obra de Franz Binder.

Posguerra Como campión austríaco da tempada 1954/55, o Rapid foi o representante do país na edición inaugural da Copa de Europa. No primeiro encontro goleou por 6-1 ao PSV, cun triplete de Alfred Körner, o que lle serviu para pasar á segunda fase, a pesar de perder 1-0 no partido de volta. No partido de ida dos cuartos de final empatou 1-1 na casa contra o Milan, antes de caer goleado por 7-2 na volta en San Siro, quedando así eliminado.

A mellor actuación do Rapid na Copa de Europa tivo lugar na tempada 1960/61, cando chegou ás semifinais, onde foi eliminado polo Benfica, posterior vencedor do torneo.ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Rapid_Wien_Performance_Graph.png/300px-Rapid_Wien_Performance_Graph.png|miniatura|300x300px| Gráfico histórico do rendemento en liga do Rapid Wien.|esquerda

O club viuse envolto nun episodio polémico en 1984 cando eliminou ao Celtic dos oitavos de final da Recopa de Europa. O Celtic gañaba 4-3 no resultado global e cando quedaban 14 minutos de eliminatoria o Rapid concedeu un penalti. Mentres os xogadores do Rapid protestaban ante os árbitros, o seu defensa Rudolf Weinhofer caeu ao chan e afirmou que fora alcanzado por unha botella lanzada dende a bancada. Con todo, as imaxes televisivas mostraron claramente que se lanzou unha botella ao terreo de xogo pero que esta non golpeou a Weinhofer. O partido rematou 4-3, pero o Rapid apelou á UEFA para que se repetise e ambos os equipos foron multados. O recurso de repetición foi rexeitado inicialmente, pero o Rapid apelou por segunda vez. Nesta ocasión duplicouse a multa ao Rapid pero a UEFA tamén estipulou que o partido se repetise a máis de 160 km do estadio do Celtic. O partido disputouse o 12 de decembro de 1984 en Old Trafford, Manchester, e o Rapid gañou 1-0 mediante un gol de Peter Pacult.ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/EM_2008_Elfmeter_Kroatien_%C3%96sterreich.jpg/200px-EM_2008_Elfmeter_Kroatien_%C3%96sterreich.jpg|dereita|miniatura|200x200px| Estadio Ernst-HappelO Rapid continuou avanzando fases e acadou a final, que acabou perdendo por 3-1 ante o Everton en Rotterdam. Volveu chegar a unha final da mesma competición 11 anos despois, volvendo perder, esta vez por 1-0 ante o Paris Saint-Germain en Bruxelas.

O Rapid alcanzou a fase de grupos da Liga de Campións por última vez na edición de 2005/06 tras vencer na previa ao F91 Dudelange de Luxemburgo por un resultado global de 9-3 e ao Lokomotiv Moscova por 2-1. Finalmente quedaron últimos do seu grupo tras perder todos os seus partidos contra o Bayern de Múnic, a Juventus e o Club Brugge.

Estadio ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/23/2008_Steffen_Hofmann.JPG/180px-2008_Steffen_Hofmann.JPG|miniatura|326x326px| Steffen Hofmann celebrando a Bundesliga de 2008.ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/01/SK_Rapid_Wien_-_Teamphoto_2010-11.jpg/250px-SK_Rapid_Wien_-_Teamphoto_2010-11.jpg|miniatura|250x250px| Foto do equipo da tempada 2010-2011 O Rapid disputa os seus encontros como local no Allianz Stadion, inaugurado en 2016. Anteriormente, dende 1977, xogou no estadio Gerhard Hanappi, situado no mesmo lugar e que levaba o nome do seu arquitecto, Gerhard Hanappi, que ademais fora xogador do club de 1950 a 1965. Durante o tempo que durou a construción do novo estadio, o o Rapid xogou os seus partidos como local no estadio Ernst Happel. Palmarés Bundesliga de Austria (32): 1911–12, 1912–13, 1915–16, 1916–17, 1918–19, 1919–20, 1920–21, 1922–23, 1928–29, 1928–29, 31, 3, 3, 3 –38, 1939–40, 1940–41, 1945–46, 1947–48, 1950–51, 1951–52, 1953–54, 1955–56, 1956–57, 1956–57, 1951–69 61 61 61 61, 1967–68, 1981–82, 1982–83, 1986–87, 1987–88, 1995–96, 2004–05, 2007–08.

Copa de Austria (14): 1918–19, 1919–20, 1926–27, 1945–46, 1960–61, 1967–68, 1968–69, 1971–72, 1975–76, 1982–838, 1982–838, –85, 1986–87, 1994–95. Supercopa de Austria (3): 1986, 1987, 1988. Campionato de Alemaña (1): 1941. Copa de Alemaña (1): 1938. Copa Mitropa (2): 1930, 1951.

Adestradores

Dionys Schönecker (1910–25) Stanley Wilmott (1925–26) Edi Bauer (1926–36) Leopold Nitsch (1936–45) Hans Pesser (1 de xullo de 1945 – 28 de febreiro de 1953) Josef Uridil (1953–54) Viktor Hierländer (1954–55) Leopold Gernhardt (1955) Franz Wagner (1955) Alois Beranek (1956) Franz Wagner (1956) Max Merkel (1 de xullo de 1956 – 30 de xuño de 1958) Rudolf Kumhofer (1958–59) Robert Körner (1 de xullo de 1959 – 30 de xuño de 1966) Rudolf Vytlacil (1 de xullo de 1966–68) Karl Decker (1968–70) Rudolf Vytlacil (1968 – 30 de abril de 1969) Karl Rappan (1969–70) Gerd Springer (1970–72) Robert Körner (1972) Ernst Hlozek (1 de abril de 1972 – 22 de abril de 1975) Josef Pecanka (1975) F. Binder / R. Körner (1 de setembro de 1975 – 30 de xuño de 1976) Antoni Brzezanczyk (1976–77) Robert Körner (1977) Karl Schlechta (1978–79) Walter Skocik (1 de xullo de 1979 – 1 de abril de 1982) Rudolf Nuske (1982) Otto Barić (1 de xullo de 1982 – 30 de xuño de 1985) Vlatko Marković (1 de xullo de 1985 – 30 de xuño de 1986) Otto Barić (1 de xullo de 1986 – 11 de setembro de 1988) Wilhelm Kaipel (interino) (12 de setembro de 1988 – 19 de setembro de 1988) Vlatko Marković (19 de setembro de 1988 – 30 de xuño de 1989) Hans Krankl (1 de xullo de 1989 – 30 de xuño de 1992) August Starek (1 de xullo de 1992 – 31 de maio de 1993) Hubert Baumgartner (1 de xullo de 1993 – 22 de maio de 1994) Ernst Dokupil (23 de maio de 1994 – 1 de abril de 1998) Heribert Weber (1 de abril de 1998 – 1 de maio de 2000) Ernst Dokupil (1 de xullo de 2000 – 18 de agosto det 2001) Peter Persidis (interino) (18 Aug 2001 – 5 de setembro de 2001) Lothar Matthäus (6 de setembro de 2001 – 10 de maio de 2002) Josef Hickersberger (1 de xullo de 2002 – 31 de decembro de 2005) Georg Zellhofer (1 Jan 2006 – 27 de agosto det 2006) Peter Pacult (5 de setembro de 2006 – 11 de abril de 2011) Zoran Barisic (interino) (11 de abril de 2011 – 30 de maio de 2011) Peter Schöttel (1 de xuño de 2011 – 17 de abril de 2013) Zoran Barisic (17 de abril de 2013 – 6 de xuño de 2016) Mike Büskens (7 de xuño de 2016 – 7 de novembro de 2016) Damir Canadi (11 de novembro de 2016 – 8 de abril de 2017) Goran Djuricin (9 de abril de 2017 – 29 de setembro de 2018) Dietmar Kühbauer (1 de outubro de 2018 – 10 de novembro de 2021) Steffen Hofmann (interino) (11 de novembro de 2021 – 28 de novembro de 2021) Ferdinand Feldhofer (29 de novembro de 2021 – 30 de xuño de 2023)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial . Datos do club no sitio web da UEFA . Datos do club en eufo.de .

Categoría:Equipos de fútbol de Austria Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1897