Yvette Gastauer-Claire, nada en Esch-sur-Alzette, Luxemburgo, o 29 de maio de 1957,"Bio". Sitio web de Yvette Gastauer-Claire. é unha escultora, medallista e deseñadora de moedas luxemburguesa.
Gastauer-Claire reside na vila de Schifflange, no mesmo cantón que a súa cidade natal, onde ten o seu propio estudio.
O seu traballo máis popular é o anverso da serie circulante de moedas do euro do seu país.
Traxectoria esquerda|miniatura|270x270px|Die Reisende ("A viaxeira"), escultura de Yvette Gastauer-Claire en Kaarst, Alemaña (2013).
Primeiros anos e formación Nada en 1957 na localidade luxemburguesa de Esch-sur-Alzette, Yvette Gastauer-Claire cursou estudos superiores artísticos na sección de Belas Artes da École des Arts et Métiers, de Luxemburgo, entre 1974 e 1979."Yvette Gastauer-Claire ". Yvette.gastauer.lu
Simultaneamente á súa formación regrada, a partir de 1975 foi aprendiz de Escultura no obradoiro do escultor Camille Nocher.
Escultura Gastauer-Claire traballou no departamento de restauración dos museos nacionais de Luxemburgo entre os anos 1980 e 1984, e tamén realizou varios traballos de restauración de monumentos do seu país traballando para un estudio privado de modelaxe.
Como escultora, Gastauer-Claire participou en exposicións colectivas en Luxemburgo, Alemaña, Francia, Bélxica, Finlandia, Suecia, os Estados Unidos de América, os Países Baixos, Polonia, Israel, Portugal, Italia e Suíza, e desde 1985 é unha asidua participante nas exposicións de FIDEM. A súa primeira exposición individual tivo lugar na galería de arte Armand Gaasch, de Dudelange, en 1995.
Ademais da produción artística, tamén impartiu docencia de Escultura, tanto para persoas adultas como para nenos con deficiencias visuais no Instituto de Discapacitados Visuais de Luxemburgo.
Medallística e deseño de moeda miniatura|Bolsa cun conxunto de moedas circulantes do euro ("euromoedeiro") co anverso luxemburgués. Gastauer-Claire é tamén unha prolífica creadora de medallas,"Médailles". Sitio web de Yvette Gastauer-Claire. desde finais da década de 1970, moitas delas por encarga da Caisse d'Épargne de l'État, entre elas unha serie dedicada a conmemorar o milenio da igrexa de San Miguel de Luxemburgo en 1987, e tamén algunhas deportivas encargadas polo Ministerio de Educación e Deportes.
Do mesmo modo, Gastauer-Claire foi a artista escollida pola Casa Ducal de Luxemburgo e polo Goberno do país para deseñar os anversos nacionais de todas as moedas circulantes do euro —desde o céntimo aos dous euros—, que entraron en circulación en 2002. O deseño consiste nunha imaxe de perfil do busto do Gran Duque Henrique rodeado de doce estrelas e o nome do país en luxemburgués: "Lëtzebuerg"."Luxembourg. European Central Bank". Ecb.europa.euMoedas deseñadas por Yvette Gastauer-Claire. Numista.com
Ademais desta serie circulante, Gastauer-Claire ocupouse tamén do deseño dun bo número de moedas conmemorativas de Luxemburgo, tanto da serie do euro como, na década de 1990, do franco luxemburgués.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Ligazóns externas Sitio web de Yvette Gastauer-Claire
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Luxemburgo Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Escultores de Luxemburgo Categoría:Personalidades sen imaxes