Linköping é un concello sueco (kommun) do condado de Östergötland. A súa capital é Linköping, que tamén é capital do condado. En xuño do ano 2022 o concello tiña unha poboación de 165 033 habitantes.

Xeografía O concello atópase no centro do landskap de Östergötland. Limita ao suroeste co concello de Boxholm, ao oeste cos de Mjölby e Motala, ao norte co de Finspång, ao leste cos de Norrköping, Söderköping e Åtvidaberg, e ao sur co municipio de Kinda, todos eles no condado de Östergötland.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Östergötland