Lindesberg é un municipio sueco (kommun) do condado de Örebro. A súa capital é Lindesberg. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 23 141 habitantes.
Xeografía O concello atópase na rexión mineira de Bergslagen e na rexión informal de Västra Mälardalen, e coopera cos municipios adxacentes do grupo KNÖL (Kommuner i Norra Örebro Län): Nora, Ljusnarsberg e Hällefors.
Lindesberg limita ao sur co concello de Örebro, ao oeste cos de Nora e Hällefors, e ao noroeste co de Ljusnarsbergs, todos eles no condado de Örebro. Ao nordés limita co municipio de Smedjebacken no condado de Dalarna, e ao leste cos de Skinnskatteberg, Köping e Arboga no condado de Västmanland.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Örebro