Hot Tub Time Machine é un filme estadounidense de 2010 dirixido por Steve Pink e protagonizado por John Cusack, Rob Corddry, Craig Robinson, Clark Duke, Crispin Glover, Lizzy Caplan e Chevy Chase. O filme estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de marzo de 2010. Conta a historia de catro homes que viaxan ao pasado até o ano 1986 a través de jacuzzy, e tentan atopar a maneira de regresar a 2010. A súa secuela, Hot Tub Time Machine 2, estreouse o 20 de febreiro de 2015.

Personaxes

John Cusack como Adam Yates Jake Rose como Adam en 1986 Rob Corddry como Lou "Violator" Dorchen Brook Bennett como Lou en 1986 Craig Robinson como Nick Webber-Agnew Aliu Oyofo como Nick en 1986 Clark Duke como Jacob Yates Chevy Chase como Repairman Collette Wolfe como Kelly Yates Crispin Glover como Phil Wedmaier Sebastian Stan como Blaine Lizzy Caplan como April Drennan Crystal Lowe como Zoe Kellee Stewart como Courtney Agnew Odessa Rojen como Courtney con 9 anos Lyndsy Fonseca como Jenny Charlie McDermott como Chaz Jessica Paré como Tara William Zabka como Rick Steelman

Estrea O filme estreouse no número 3 da carteleira na súa fin de semana cunha recadación de 14 millóns de dólares en 2 754 cinemas, cunha media de 5 091 dólares por cinema. Hot Tub Time Machine recadou 50,3 millóns de dólares en América do Norte e 14,3 millóns máis noutros territorios, para un total mundial de 64,6 millóns de dólares sobre un orzamento de 36 millóns.

Hot Tub Time Machine estreouse en DVD e Blu-ray Disc o 1 de xuño de 2010. Tamén se lanzou unha versión "sen clasificación", co Blu-ray Disc que contén unha copia dixital.

Notas

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steve Pink Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en 1986 Categoría:Filmes ambientados en 2010